lunes, 15 de febrero de 2016

EFTIC-PLATEGA-2016 RECIBIMOS O MATERIAL DE INICIACIÓN AO TENIS

O alumnado de 5º e 6º curso nas clases de educación física levarán á práctica unha unidade didáctica de "Iniciación ao tenis". Para a práctica desta unidade didáctica o centro educativo utilizará o material do programa  "Tenis na escola", que hoxe mesmo recibirá e poderá dispoñer del durante os meses de febreiro e marzo.


lunes, 1 de febrero de 2016

EFTIC-PLATEGA-2016 INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS PORTO DO SON 2015

O pasado venres o Ceip Barrié de la Maza participou na fase intercomarcal de campo a través no Concello de Porto do Son, aínda que ningún alumno ou almna do noso centro clasificou para a seguinte rolda os alevíns masculinos acadaron un meritorio terceiro posto en equipos. Noraboa!!A continuación podemos ver algunhas instantáneas da proba: