martes, 16 de marzo de 2021

Comezamos a actividade Tenis na Escola

 Os mestres de Educación Física comezaron a desenvolver nas súas clases unha unidade didáctica de tenis, grazas ao material específico cedido pola Federación Galega de Tenis.

O Programa Tenis na Escola é un programa de promoción que busca achegar o tenis aos centros escolares de Galicia. A través deste programa queremos solucionar un dos principais inconvenientes cos que os centros escolares se atopan para poder impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico.

No noso centro educativo levamos tres cursos participando neste programa. A continuación unha instantánea dunha sesión na clase de 6º B.


 

0 comentarios:

Publicar un comentario