miércoles, 16 de diciembre de 2015

FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (PORTO DO SON 2015)

O pasado mércores 16 de decembro os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza participaron na fase comarcal de campo a través no Concello de Porto do Son onde se deron cita máis de mil corredores e corredoras. Foi unha mañá de deporte na natureza onde participaron nenos e nenas de categorías Benxamín, Alevín e Infantil.
Pasámolo xenial!!!
Aquí tedes algunhas imaxes da proba:












viernes, 11 de diciembre de 2015

O ALUMNADO DE 5ºB PARTICIPARÁ NO PROXECTO CONSUMÓPOLIS

http://www.consumopolis.es/concurso/?i=gal
Os alumnos e alumnas de 5º B participarán este curso no proxecto CONSUMÓPOLIS en colaboración co plan Proxecta e a Escola Galega de Consumo.
A través de CONSUMÓPOLIS, os nenos e nenas aprenderán aspectos relacionados co consumo responsábel e saudábel, complementando os contidos do Proxecto Deportivo de Centro.
Como podemos ver na ligazón do principio, CONSUMÓPOLIS terá dúas fases, a primeira o alumnado deberá facer un recorrido virtual pola cidade do consumo para posteriormente facer un traballo en grupos de cinco.


jueves, 29 de octubre de 2015

VOTACIÓNS PARA O CAMBIO DE ACTIVIDADES NO PATIO "DIVERTIPATIO"

O pasado 8 de outubro os nenos e nenas de Educación Primaria participaron nunha votación democrática para elixir se querían continuar cos recreos activos, igual que ocorreu nos cursos pasados, ou continuar co xogo libre tradicional de comezo de curso. Aquí podedes ver un video de como foi esa votación.


REMATADA A BATERÍA DE PROBAS DA CONDICIÓN FÍSICA (DAFIS)

Ao longo do mes de outubro os nenos e nenas de Educación Primaria realizaron unha serie de probas físicas e de medicións corporais para coñecer o nivel físico de cada un/unha e subir os datos á plataforma DAFIS, é importante coñecer o nivel físico xeral do alumnado e a súa evolución no tempo para adaptar as diferentes actividades do PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO.

jueves, 1 de octubre de 2015

COMEZAMOS COAS PROBAS FÍSICAS DA PLATAFORMA DAFIS

Os mestres e mestras do Ceip Barrié de la Maza de Santa Comba comezamos esta semana a pasar ao alumnado as probas físicas para coñecer o nivel físico do alumnado, do mesmo xeito que fixemos os cursos pasados. Estes datos posteriormente serán subidos á plataforma DAFIS para obter informes xerais da condición física do alumnado.

viernes, 25 de septiembre de 2015

viernes, 11 de septiembre de 2015

COMEZA UN NOVO CURSO!!!

Comeza un novo curso e con el as actividades do "Proxecto Deportivo de Centro". Continuaremos co DIVERTIPATIO, SAÍDAS SAUDÁBEIS, CHARLAS INFORMATIVAS, OBRADOIROS DE ALIMENTACIÓN, DECÁLOGOS, PROBAS FÍSICA... e moitas novidades. Benvidos e benvidas ao curso 2015/2016.

jueves, 25 de junio de 2015

TRABALLO SOBRE O CONSUMO DE AZUCRE

Traballo elaborado polo alumnado de sexto B, na área de "alternativa á relixión" sobre o consumo de azucre e os efectos nocivos sobre a saúde e calidade de vida.
TRABALLO SOBRE O CONSUMO DE AZUCRE

viernes, 24 de abril de 2015

PRIMEIRA SAÍDA SAUDÁBEL DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil desprazáronse ata a cidade da Coruña acompañados dos seus mestres e mestras para ver unha epresentación infantil no "Palacio de la Ópera". Aproveitaron esta viaxe para dar un paseo polo parque e desta forma facer un pouco de exercicio físico.
Pasárono xenial e ao mesmo tempo realizaron unha actividade máis que saudábel!!!


jueves, 16 de abril de 2015

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR

Hoxe xoves 16 de abril, a directora do centro xunto co coordinador do "Proxecto Deportivo de Centro" desprazáronse ata as instalacións de "Acea da Ma" en Culleredo para acompañar a Victor Araúzo no campeonato provincial de orientación escolar.
A proba consiistía nunha carreira a pé na modalidade individual diurna categoría infantil, con visita obrigatoria dos controis na orde indicada.
Foi unha xornada na que aprendemos máis sobre este deporte con miras de poder celebrar o vindeiro curso unha proba destas características no Concello da Santa Comba.







Características da proba

martes, 14 de abril de 2015

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL


Hoxe os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza de Santa Comba celebraron o día da cociña saudábel, actividade incluída dentro do “Proxecto Deportivo de Centro”.

Os nenos e nenas dos diferentes cursos elaboraron receitas saudábeis para posteriormente realizar una degustación das mesmas. As receitas foron elaboradas con ingredientes variados e saudábeis, tentando concienciar ao alumnado de levar una vida activa e una alimentación saudábel escapando das habituais bollerías industriais e bebidas azucaradas. Así pois, elaboraron xelatina de froitas, sándwiches monstrosos, mini-pizzas saudábeis, almorzos saudábeis, pinchos de froitas e macedonia de froitas.
Foi una xornada distinta e divertida onde tanto alumnado como profesorado aprenderon a importancia de levar unha alimentación saudábel e uns hábitos de vida activos.







viernes, 6 de marzo de 2015

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tivo lugar no noso centro a campaña de sensibilización contra violencia de xénero na que, os nenos e nenas de Educación Primaria e ESO realizaron diferentes actividades como obradoiros, contacontos, monólogos, calses de zumba, etc.
Foi unha xornada diferente na que os nenos e nenas ademáis de facer gozar practicando exercicio físico tamén trataron aspectos actitudinais moi importantes na vida das persoas.




martes, 3 de marzo de 2015

SEMANA DA FROITA

SEMANA DA FROITA

REPARTO DE FROITA FRESCA NOS RECREOS

O luns desta semana, e en semanas vindeiras, o colexio en colaboración co proxecto do FOGGA, entregará froita fresca ao alumnado no centro coa finalidade de realizar as merendas da mañá máis saudábeis. Esta actividade entá enmarcada entro das actividades correspondentes ao "PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO" deste curso académico.


jueves, 12 de febrero de 2015

O COLEXIO HOMENAXEA AOS CAMPIÓNS PROVINCIAIS DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado luns o grupo de mestres/as e alumnos/as do colexio Barrié de la Maza homenaxearon aos campións provinciais de campo a través en categoría benxamín masculino. Os campións recibiron un agasallo por parte da directora do centro máis un coloroso aplauso por parte de todos os seus compaleiros e compañeiras.


ADHESIÓN DO CEIP BARRIÉ DE LA MAZA AO PROXECTO GALICIA SAUDABLE






Este é o documento que nos acredita como participantes no proxecto Galicia Saudable e que se atopa fronte ao despacho de dirección.

sábado, 7 de febrero de 2015

O equipo Benxamín masculino do Ceip Barrié de la Maza (Santa Comba), campión provincial de campo a través.

Hoxe sábado 7 de febreiro tivo lugar a proba provincial de campo a través no concello da Pobra do Caramiñal, na que participou o equipo benxamín masculino do noso centro (clasificado na proba intercomarcal) acadando o primeiro posto na clasificación por equipos.
Foi unha fría mañá de actividade física nun entorno natural (circuíto de Cabío) onde os alumnos acompañados da directora do centro (Dolo) e o coordinador do proxecto deportivo do centro (César) fixeron unha excelente proba deportiva.
NORABOA CAMPIÓNS!!!!



martes, 3 de febrero de 2015

Educación física para unha vida máis prolongada, saudable, satisfactoria e productiva

LIGAZÓN

FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro sábado 7 de febreiro terá lugar a fase Provincial de Campo a Través en Cabío (Pobra do Caramiñal), proa á que está clasificado o equipo Benxamín Masculino do Ceip Barrié de la Maza e que asistirá ao evento acompañado de mestres do propio centro.
Moita sorte aos participantes!!!!

lunes, 26 de enero de 2015

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado venres 23 de xaneiro os neno e nenas clasificados na comarcal de campo a través desprazámonos ata Porto do Son onde tivo lugar a fase intercomarcal de campo a través, dentro do programa XOGADE. Foi unha boa xornada de exercicio físico e deporte nunha contorna natural. Pasámolo xenial e o equipo benxamin masculino clasificouse para a fase provincial.





NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!

NOVO MATERIAL PARA DIVERTIPATIO

A partires desta semana amplíase a oferta de actividades en DIVERTIPATIO, xa que adquirimos novo material para as diferentes actividades de DIVERTIPATIO: unha canstra de interior, indiacas, unha diana de bolas, etc.
Espero que gocedes moito xogando e realizando actividade física co novo material.

VISITA AO CENTRO DE ÁNGEL CARRACEDO

Hoxe visitará o Ceip Barrié de la Maza o director do Instituto de Medicina Legal de Galicia "Ángel Carracedo" onde impatirá unha charla para todo ob alumnado e pais/nais do centro.


viernes, 9 de enero de 2015

FLASHMOB MÓVETE + DO CEIP PEDROUZOS (BRIÓN)

Na seguinte ligazón podemos observar o video do Flasmob realizado no Ceip de Pedrouzos (Brión) o curso pasado coa coreografía de Móvete +.
FLASHMOB

lunes, 5 de enero de 2015