jueves, 22 de febrero de 2018

"Xoves sobre Rodas" no Barrié

No marco do Proxecto Deportivo de Centro, propoñemos unha actividade dentro do proposta de recreos saudables “DIVERTIPATIO” á que chamamos “Xoves sobre rodas”. Esta actividade consiste en que o alumnado, todos os xoves, poderá traer ao centro patíns, patinetes, monopatíns e demais xoguetes con rodas, para xogar con eles durante o tempo de recreo da mañá.
Hoxe comezamos con esta actividade na que os nenos e nenas gozaron moito practicando xogos e deporte "sobre rodas". Patíns, patinetes, carrilanas fixeron aparición no patio de recreo do Barrié. A continuación algunha instantáneas da actividade de hoxe que estivo coordinada polos mestres César Ramos e Javier Miranda.






jueves, 8 de febrero de 2018

CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

Hoxe celebramos a carreira solidaria "Quilómetros de Solidariedade" que fora adiada a semana pasada polo mal tempo.
A carreira consistiu en percorrer o maior número de quilómetros nun periodo determinado de tempo dando voltas a un circuito polo centro escolar de 500 metros.
Cada alumno ou alumna foi patrocinado por algún adulto que se comprometeu a doar unha cantidade determinada de cartos (ata un máximo de 0,50 euros) por quilómetro percorrido. Os cartos recadados serán ingresados integramente na conta de "Save the Children" para colaborar con esta ONG no seu labor solidario.
A carreira realizouse en tres quendas: primeiros e segundos cursos na primeira quenda, despois terceiros e cuartos, e finalmente quintos e sextos.Tamén se animou a participar algún mestre e mestra e persoal de administración e servizos.
Pasámolo xenial ao mesmo tempo que nos concienciamos da importancia de ser solidarios e de realizar exercicio físico para ter boa saúde, obxectivo fundamental do Proxecto Deportivo de Centro.
A actividade, na que colaborou todo o profesorado, foi coordinada polos mestres Isabel Barrientos e César Ramos.






jueves, 1 de febrero de 2018

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

Este ano o noso colexio participara na carreira "Quilómetros de solidariedade" en colaboración coa ONG Save The Children para recadar axuda humanitaria. Esta actividade está encadrada dentro do PDC e das actividades para conmemorar o 30 de xaneiro, día escolar da Paz.
Hoxe "La Voz de Galicia" fai eco da nosa actividade.


Máis información na seguinte ligazón:
https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad

XOGAMOS POLA PAZ

Este foi a montaxe de video que fixemos os mestres e mestras do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) para celebrar o día escolar da Paz.
No Barrié de la maza XOGAMOS POLA PAZ!!!
A música e a montaxe foi a cargo do mestre de educación musical, Javier Miranda.