jueves, 26 de octubre de 2017

INICIACIÓN AO BALONMÁN

Como xa é habitual a comezo de curso, os monitores do Club Balonmán Xallas nas clases de educación física está realizando unhas sesión de iniciación ao balonmán para tentar promocionar este deporte nos nenos e nenas de educación primaria.
Os nenos e nenas divírtense ao mesmo tempo que coñecen un novo deporte para eles susceptible de ser practicado no seu tempo libre.


COMEZA UN NOVO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

Comeza un novo curso e con el un novo Proxecto Deportivo de Centro no CEIP Barrié de la Maza de santa Comba. Os mestres e mestras participantes no PDC puxémonos mans á obra para organizar diferentes actividades relacionadas co exercicio físico, as novas tecnoloxías e a alimentación saudable, coas que queremos implicar a toda a comunidade educativa de Santa Comba. Moi pronto teredes novas noticias sobre nós!!



jueves, 15 de junio de 2017

COREOGRAFÍA DE FIN DE CURSO

O alumnado de quinto e sexto curso xunto co mestre de Educación Física, César Ramos, realizaron unha coreografía de fin de curso coa canción "Hoxe aquí" de Cé e a Orquestra Pantasma. Este é o resultado final da mesma:


ENTREGA DO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

A directora e a xefa de estudos acompañaron onte a César Ramos, coordinador do Proxecto Deportivo de Centro á entrega de premios dos V Premios de Innovación Educativa organizados pola FETE-UGT e o movemento Escola Viva. DIVERTIPATIO acadou a 1ª mención honorífica. noraboa a todos e todas!





viernes, 2 de junio de 2017

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza participou onte nun obradoiro de alimentación saudable. O alumnado aprendeu a elaborar bocadillos con ingredientes que proveñen do mar: chocos, atún, xoubas, etc.
A continuación algunhas instantáneas da actividade:




jueves, 11 de mayo de 2017

1ª MENCIÓN HONORÍFICA PARA DIVERTIPATIO

Onte, 10 de maio, deuse a coñecer o fallo do xurado para a V edición dos premios de innovación educativa que promove FETE-UGT e o movemento Escola Viva. O proxecto de recreos saudables "DIVERTIPATIO" do noso coordinador César Ramos que está incluído no Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio acadou unha meritoria 1ª mención honorífica. Noraboa a todos e todas que participades neste proxecto!!!
http://www.feteugtgalicia.es/gestion/novas/docs/resoluci%C3%B3n%20xurado.pdf


martes, 9 de mayo de 2017

PROBAS DAFIS

O profesorado de educación física coa colaboracion das titorías dos grupos está pasando ao alumnado as probas físicas correspondentes á batería DAFIS. Así mesmo, tamén se está procedendo ás medicións antropométricas para coñecer a porcentaxe de alumnos e alumnas con sobrepeso e obesidade.


lunes, 8 de mayo de 2017

CHARLA SOBRE LEGUMES

O colexio oficial de dietistas e nutricionistas de Galicia, obsequiounos cunha charla educativa para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de alimentcaión saudable, centrándose fundamentalmente no consumo de legumes. Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos moito sobre estes alimentos.




jueves, 20 de abril de 2017

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O pasado 7 de abril para conmemorar o día Mundial da Saúde o CEIP Barrié de la Maza organizou un obradoiro de alimentación saudable. O alumnado elaborou receitas saudables para posteriormente facer unha degustación das mesmas. Os grupos que participaron nesta actividade foron quinto, sexto e os grupos de educación infantil. A continuación algunhas instantáneas da actividade:





martes, 4 de abril de 2017

CONSUMO RESPONSABLE CON CONSUMÓPOLIS

O alumnado de sexto curso que este ano participou no proxecto CONSUMÓPOLIS está a elaborar diferentes videos para posterormente subirlos aos respectivos blogues do proxecto. Este son os videos que elaboraron, están relacionados co consumo e o comercio. Esperamos que vos gusten!!


domingo, 5 de marzo de 2017

BATIDOS DE FROITAS NO FESTIVAL DE ENTROIDO

O alumnado do CEIP Barrié de la Maza elaborou uns batidos de froita para posteriormente degustalos no festival de Entroido. Estaban riquísimos!!









lunes, 13 de febrero de 2017

INICIACIÓN AO CROSSFIT

Esta semana o aLumnado de 5º e 6º curso comezará unha nova unidade didáctica. Desta volta será unha unidade adaptada ás condicións e idade dos nenos e nenas sobre iniciación ao CROSSFIT.  O deporte de moda e que cada día ten máis seguidores.



REPARTO DE FROITA FRESCA NOS RECREOS

Esta semana repartiremos froita fresca ao alumnado para que merende de forma saudable no tempo de recreo. Non é necesario que traian merenda. Con este proxecto tentamos que o alumnado consuma diferentes tipos de froita e que leven unha alimentación máis saudable.


jueves, 9 de febrero de 2017

INICIACIÓN AO TENIS DE MESA

Hoxe comezamos co alumnado de quinto e sexto curso unha clases de iniciación ao tenis de mesa para coñecer un pouco máis sobre este deporte




XOGOS TRADICIONAIS NO BARRIÉ

A semana pasada recibimos o baúl de Xogos Tradicionais que empregamos nas clases de educación Física de quinto e sexto:



jueves, 2 de febrero de 2017

PREMIO DE RECEITA SAUDABLE

2° Premio no concurso de alimentación saudable organizado polo Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia para o Ceip Barrié de la Maza (Santa Comba), actividade incluída no PDC. Noraboa a Irene Pombo de 5°, autora da receita!! Como premio a receita será publicada na páxina web oficial e incluída no tríptico informativo do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas, ademais impartirán unha charala sobre alimentación saudable no noso centro.
Esta é a nova que publica hoxe "La Voz de Galicia".

martes, 31 de enero de 2017

TENIS NA ESCOLA

Estes días o alumnado de sexto e quinto curso están levando á práctica unha unidade didáctica de iniciación ao tenis gracias ao material que nos cedeu a Federación Galega de Tenis. Estámolo pasando xenial coñecendo este deporte!!

lunes, 23 de enero de 2017

PASAPORTE SAUDABLE

O alumnado de sexto curso participará no proxecto "Pasaporte Saudable" organizado por EROSKI.
Mási información na seguinte ligazón:
http://pasaportesaludable.escueladealimentacion.es/es

NOVA NA PRENSA SOBRE O NOSO "DIVERTIPATIO"

O pasado domingo 22 de xaneiro a Voz de Galicia publicou unha nova sobre o noso DIVERTPATIO. Para ver a nova premer n aseguinte ligazón:
http://internacional.elpais.com/internacional/2016/06/24/actualidad/1466796777_411438.html