viernes, 26 de marzo de 2021

Formación sobre Reanimación Cardiopulmonar e Desfibrilador Externo Semiautomático.

 O profesorado do CEIP Pluirilingüe Barrié de la Maza contou cunha formación en centro sobre RCP e DESA impartida polo mestre César Ramos, ao que asistiron membros do Claustro de mestres e mestras.




martes, 16 de marzo de 2021

Venus Vila Forján xa ten o seu premio como gañadora do Concurso DIVERTICAN

 

 

A alumna Venus Vila Forján recibiu hoxe a camisola conmemorativa do PDC, como gañadora do Concurso DIVERTICAN 2021. Parabéns Venus!!

Comezamos a actividade Tenis na Escola

 Os mestres de Educación Física comezaron a desenvolver nas súas clases unha unidade didáctica de tenis, grazas ao material específico cedido pola Federación Galega de Tenis.

O Programa Tenis na Escola é un programa de promoción que busca achegar o tenis aos centros escolares de Galicia. A través deste programa queremos solucionar un dos principais inconvenientes cos que os centros escolares se atopan para poder impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico.

No noso centro educativo levamos tres cursos participando neste programa. A continuación unha instantánea dunha sesión na clase de 6º B.