martes, 14 de abril de 2015

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL


Hoxe os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza de Santa Comba celebraron o día da cociña saudábel, actividade incluída dentro do “Proxecto Deportivo de Centro”.

Os nenos e nenas dos diferentes cursos elaboraron receitas saudábeis para posteriormente realizar una degustación das mesmas. As receitas foron elaboradas con ingredientes variados e saudábeis, tentando concienciar ao alumnado de levar una vida activa e una alimentación saudábel escapando das habituais bollerías industriais e bebidas azucaradas. Así pois, elaboraron xelatina de froitas, sándwiches monstrosos, mini-pizzas saudábeis, almorzos saudábeis, pinchos de froitas e macedonia de froitas.
Foi una xornada distinta e divertida onde tanto alumnado como profesorado aprenderon a importancia de levar unha alimentación saudábel e uns hábitos de vida activos.







0 comentarios:

Publicar un comentario