viernes, 20 de diciembre de 2013

MASTERCLASS DE ZUMBA!!!

O venres no festival de Nadal os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza asistimos a unha massterclass de "ZUMBA", disciplina fitness enfacada a manter un corpo saudable, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados con rutinas aeróbicas. Que divertido foi e que ben o pasamos!!!







miércoles, 18 de diciembre de 2013

PRIMEIRA "SAÍDA SAUDÁBEL"

O pasado martes o alumnado de 5º realizou a primeira "Saída Saudábel", dentro do Proxecto Deportivo de Centro. A saída consistiu nunha breve camiñata polas rúas de Santa Comba ata o Multiusos Municipal para asistir á actuación dunha obra de teatro. Aquí tedes unhas imaxes da actividade, onde podemos ver como os nenos e nenas de quinto curso se divertiron ao mesmo tempo que facían exercicio físico.







lunes, 16 de diciembre de 2013

Caixa do correo de DIVERTIPATIO

Lembrade que podedes enviar as vosas suxestións sobre "Divertipatio" empregando a "Caixa do correo DIVERTIPATIO" situada no "Recanto do xogo".

sábado, 14 de diciembre de 2013

Algunhas imaxes dos primeiros días de DIVERTIPATIO:
















DIVERTIPATIO: distribución das actividades e zonas da próxima semana.



sábado, 7 de diciembre de 2013

COMEZA DIVERTIPATIO!!!

Como sabedes o próximo luns 9 de decembro comezan no Ceip Barrié de la Maza os recreos activos "DIVERTIPATIO". Lembrade que os encargados e encargadas de aula deben levar o seu carné de "BIBLIORRATO" para poder recibir o material. Debedes seguir as indicacións dos alumnos e alumnas de 6ºB, que estes días farán de monitores e monitoras dos xogos.
Nas seguintes imaxes podedes consultar o material e a distribución do patio por aulas, lembrade que se queredes realizar calquera petición, suxerencia ou comentario podedes empregar a "CAIXA DO CORREO DO XOGO" situada no "RECANTO DO XOGO".
Que vos divirtades!!!!




lunes, 2 de diciembre de 2013

Eleccións para divertipatio

Como sabedes o pasado 13 de novembro no noso colexio todos os nenos e nenas de educación primaria participamos nun proceso electoral para decidir o cambio de actividades que se realizan no patio de recreo. Aquí tedes un video onde podedes ver as fotos do proceso e a comunicación do resultado final... como xa sabedes o vindeiro 9 de decembro comeza "DIVERTIPATIO". Noraboa a todos e todas!!!




DIVERTICAN!!!

 Como podedes ver a "DIVERTICAN" encántalle facer exercicio e practicar diferentes deportes para pasalo ben e levar unha vida saudable, que vos parece?






Mascota do Proxecto Deportivo

Xa temos mascota do Proxecto Deportivo do noso centro, o gañador do concurso para a elección da mascota é Ismael Castro Cancela de 6ºB, coa súa mascota "DIVERTICAN" NORABOA!!!!