lunes, 22 de septiembre de 2014

Iniciación ao balonmán

Esta semana o "Clube Balonmán Xallas" impartirá diferentes sesións de iniciación ao balonmán nos distintos grupos do noso colexio. Esperamos que coñezades un pouco máis este deporte e gocedes practicándoo!!!

viernes, 19 de septiembre de 2014

POR UN DERBI SEN VIOLENCIA!!

Como sabedes o vindeiro martes xogarase o clásico derbi galego de fútbol entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, como sabedes moitas veces ese tipo de encontros transmite unha serie de valores que nada teñen que ver cos valores que transmite o deporte: violencia, insultos, agresións, etc.
Os nenos e nenas de Ceip Barrié de la Maza queremos gozar co deporte, a amizade, o compañerismo rexeitando caquera tipo de violencia.
Por iso queremos que o noso derbi sexa un espectáculo deportivo e a festa do fútbol galego.
A continuación podemos ver un traballo realizado por alumnos e alumnas do Ceip Lamas de Abade no que reivindican un deporte sen violencia:


COMEZA UN NOVO CURSO!!!

Comeza un novo curso e con el continuamos co noso Proxecto Deportivo de Centro. Este ano continuaremos realizando diferentes actividades para promocionar o exercicio físico e un estilo de vida saudábel, continuaremos con divertipatio, saídas saudábeis, obradoiros, deporte escolar, charlas... e moitas outras actividades novas. COMEZAMOS!!!!!