miércoles, 24 de febrero de 2021

GAÑADORA DO CONCURSO DIVERTICAN 2020/2021

 Parabéns para Venus Vila Forján de 2ºA que, co seu debuxo, foi a gañadora do concurso de Diverticán este curso académico. 

 


 PARABÉNS!!!!

jueves, 11 de febrero de 2021

COMEZAMOS AS PROBAS DAFIS

Como levamos facendo xa 7 cursos, o noso colexio participa no proxecto DAFIS. Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado cientificamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non.

A valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás necesidades das persoas.

A pasada semana os titores e titoras comezaron a realizar as medicións antropométricas, mstres que esta semana os mestre de educación física empezaron coas probas físicas ao alumnado.

Máis información sobre esta batería de probas na seguinte ligazón:

https://dafis.xunta.es/index.php

 



PRIMEIRAS IMAXES DA DINÄMICA "EU MÓVOME NAS FINDES"

 A participación dos nenos e nenas nesta actividade está sendo inmellorable e no hall do colexio xa temos as primeiras imaxes dos nenos e nenas do Barrié facendo sendeirismo!! Anímate a participar!!!

Tanén podes ver as fotos na seguinte ligazón:

VER FOTOS