lunes, 19 de noviembre de 2018

RESULTADOS DOS FORMULARIOS SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA

Acaban de enviarnos os resultados obtidos polo alumnado de 6º curso no cuestionario sobre actividade física PAQ C e KIDMED realizados online por www.educacacondeporte.org.
Pódense descargar na seguinte ligazón:

https://www.dropbox.com/s/fho61q5yujsjsb3/VIEW%20%281%29?dl=0

martes, 6 de noviembre de 2018

Iniciación ao balonmán con Victor Garrido.

Victor Garrido, director deportivo do clube Balonmán Xallas, levou á práctica unhas sesións de iniciación ao balonmán co alumnado de Educación Primaria para tratar de achegar un pouco máis este deporte colectivo ao alumnado.



viernes, 26 de octubre de 2018

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR


O pasado venres celebrouse o Día Europeo do Deporte Escolar e no CEIP Barrié de la Maza quixemos celebralo con todo o profesorado e alumnado. durante dúas horas practicamos actividade física no patio do centro, fixemos carreiras, circuitos, xogamos co maetrial sobre rodas, zancos, balóns, etc. e pasámolo xenial!!!

OS MÁIS PEQUENOS COA CLÁSICA DE NEGREIRA!!




O pasado 24 de outubro organizadores da XXIX Carreira Popular de Negreira achegáronse ao noso centro para promocionar este evento deportivo. Álvaro Lira, técnico de deportes do Concello de Negreira e Emilio Forján, locutor de Radio Negreira foron os encargados de falar cos rapaces e rapazas e animar a participar!



martes, 18 de septiembre de 2018

I PREMIO DOS PREMIOS PROXECTA 2018

Comeza un novo curso da mellor maneira!! O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba acaba de ser galardoado co 1º Premio dos Premios PROXECTA 2018!! Este premio ten una contía de 6.000 euros que nos valerán para continuar mellorando o noso PDC. Noraboa a todos e todas!!
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resol_provisional_centros_premiados_0.pdf






miércoles, 30 de mayo de 2018

RCP NA AULA

O noso centro educativo participa no programa "RCP na Aula" que nace coa colaboración do CAFI e o 061 coas entidades educativas. Este proxecto consiste en formar a docentes en técnicas de primeiros auxilios, Reanimación Cardio-Pulmonar (RCP) e Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA).
Estas últimas dúas semanas recibimos o material para a práctica destas técnicas e o alumnado de 5º e 6º está a realizar unha unidade didáctica nas clases de educación física, mentres que o profesorado e persoal interesado nesta formación asistiu onte a unha charla-obradoiro que se complementará con outra o vindeiro xoves.
Esta actividade está encadrada dentro do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.
AS TÚAS MANS SALVAN VIDAS!!!




LIPDUB DE FIN DE CURSO

A continuación ofrecemos o traballo final do proxecto do Plan de Formación do Profesorado (PFPP) deste curso. Neste traballo final participou todo o alumnado, profesorado e persoal do centro.
Noraboa a todos e todas!

domingo, 13 de mayo de 2018

O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA NA TVG

O pasado venres un equipo da TVG visitou o noso centro para gravar unha reportaxe con motivo do premio "Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa" que nos concedeu a Secretaría Xeral para o Deporte e que nos entregarán este luns na Gala de entrega dos Premios do Deporte Galego no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra. A reportaxe será retransmitida pola TVG tamén este luns 14 de maio, a partir das 17:30 horas, no programa "Galicia Viva".





Charla sobre fútbol no Barrié

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria asistiu a unha xornada de promoción do fútbol impartida polo Xallas Fútbol Club.


miércoles, 9 de mayo de 2018

FOMOS ENTREVISTADOS EN RADIO NEGREIRA

O pasado 26 de abril a directora do colexio, Dolores Nieto, e o coordiador do PDC, César Ramos achegáronse á Radio Negreira para seren entrevistados con motivo do premio recibido. A continuación o audio da mesma:


martes, 8 de mayo de 2018

O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA É O COLE MÁIS SAUDABLE DE GALICIA

https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/santiago/2018/05/08/span-langgl-ceip-barrie-maza-e-cole-mais-saudable-galiciaspan/0003_201805S8C7994.htm

miércoles, 2 de mayo de 2018

COMIDA SAUDABLE DE VENEZUELA!

Como parte da semana intercultural que estamos celebrando no noso colexio, o alumnado de infantil puido coñecer un pouco a gastronomía dos venezolanos da man de José Ángel, o pai de Ariadna de 3 anos A. Grazas a el aprendemos a cociñar arepas, que os propios nenos e nenas de infantil tiveron que amasar. A xornada non puido acabar mellor, pois todos puideron probar este produto típico de Venezuela



martes, 24 de abril de 2018

OBRADOIRO DE XOGOS NO MUNDO

Hoxe, martes 24 de abril, o equipo de Actividades Extraescolares celebrou un obradoiro de xogos do mundo.
O lugar de celebración foi o pavillón escolar e por el pasaron, por quendas, todos os alumnos e alumnas do colexio para coñecer diferentes xogos tradicionais característicos douutras culturas. a actividade estivo encadrada na chamada "Semana Intercultural", na que tamén se realizarán charlas coloquio con diferentes familias estranxeiras do centro e degustación de produtos típicos de distintos países.




jueves, 19 de abril de 2018

PREMIO GALICIA SAUDABLE AO NOSO PDC!! NORABOA!!!

Hoxe estamos de noraboa, a Secretaría Xeral para o Deporte vén de premiarnos co galardón "Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa", xunto con deportistas como Lucas Vázquez, Paula Ginzo ou entidades deportivas como o Real Clube Celta de Vigo. Noraboa a todos e todas!!!


martes, 17 de abril de 2018

UNIDADE DIDÁCTICA DE INICIACIÓN AO CROSSFIT

A continuación ofrecemos un video da Unidade Didáctica sobre Crossfit que tivo lugar nas clases de 5º e 6º B e 6º C no mes de marzo.



lunes, 16 de abril de 2018

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O noso centro, tal como fixemos en anteriores cursos, coincidindo coa semana do 4 de abril "Día Mundial da Saúde" organizamos un obradoiro de alimentación saudable.
Esta actividade está incluída no Proxecto Deportivo de Centro e ten como finalidade que o alumnado elabore unha serie de receitas saudables para posteriormente degustalas e observar que comer de forma sana é moi sinxelo e divertido.
O alumnado máis pequeno elaborou unhas brochetas de froitas mentres que os nenos e nenas maiores fixeron "salada de aguacate", "batidos de froitas", "brazo de xitano salgado", "xoaniñas saudables" e "caras de sandwich".
Pasámolo xenial e encantáronnos as receitas!!
Aquí tedes algunha instantánea do obradoiro da pasada semana!




jueves, 12 de abril de 2018

UN CONTO PARA PI

Hoxe tivemos unha visita moi especial, coñecemos a Pi, un can moi cariñoso.

Dentro do Proxecto Protexe os animais, que desenvolvemos na clase de 5ºB cos mestres César Ramos e Dolores Pérez, participamos na actividade "Un conto para Pi" para fomentar a tenencia responsable de animais de compañía e a natureza.
Un Conto para PI é un proxecto Piloto de educación ambiental a través da animación a lecto -escritura e a creatividade nos escolares de primaria, tendo como vehículo e ferramenta de comunicación interactiva a un can: “PI”, un can de cinco anos adoptado de moi bon carácter que vai a mostrar otras formas de contemplar la protección animal e a sensibilización da natureza.
O alumnado creou un conto que formará parte dun gran libro de contos, que se poderán leer noutros colexios.
Moitas grazas a Ana Quiroga, a coidadora de Pi, polo seu traballo!!
Aprendemos moito e pasámolo xenial!



miércoles, 21 de marzo de 2018

NOVA SOBRE A CARREIRA SOLIDARIA NA VOZ DE GALICIA

Na edición de hoxe de "La Voz de Galicia" sae publicada unha nova relacionada coa carreira "Quilómetros solidarios no Barrié" celebrada no noso colexio o pasado 8 de febreiro:


martes, 20 de marzo de 2018

CARREIRA SOLIDARIA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE NO BARRIÉ"

Finalmente a cantidade recadada con esta actividade foi de 1401,68 euros e foi ingresada integramente na conta da ONG "Save the Children" para colaborar co seu labor humanitario.
A continuación ofrecemos un video con imaxes da carreira:


lunes, 12 de marzo de 2018

O EQUIPO FEMININO DO CLUBE BALONMÁN XALLAS VISITA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

O equipo feninino do Clube Balonmán Xallas participou nas charlas "Mulleres xalleiras" dentro do programa de actividades para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller"do CEIP Barrié de la maza (Santa Comba). As xogadoras charlaron cos mais pequenos e pequenas do Barrié ademais de facer unha pequena demostración de balonmán.