lunes, 22 de enero de 2018

TENIS NA ESCOLA

Este curso, igual que os anteriores, a Federación Galega de Tenis cedeunos material para levar á práctica unha unidade didáctica de tenis nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito coñecemos e practicamos un deporte diferente susceptible de ser practicado no noso tempo libre.


miércoles, 17 de enero de 2018

Malibú, a cadela da Casa de Xanceda visita o noso colexio

Hoxe e mañá termos unha visita especial no noso colexio. Trátase de Malibú, unha cadela acolllida na Casa de Xanceda e que se dedica a visitar centros educativos xunto coa súa propietaria para dar charlas sobre o acollemento de animais de compañía e sobre o maltrato animal.
Esta actividade forma parte do PDC e do proxecto contra o maltrato animal que están realizando os alumnos e alumnas de 5º B dentro do plan PROXECTA.






miércoles, 10 de enero de 2018

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE

Dende o vindeiro luns 15 de xaneiro ata o venres 26 do mesmo mes o noso colexio participará, do mesmo xeito que outros anos, no proxecto "Froita na escola". durante esas dúas semanas o alumnado poderá degustar unha peza de froita no tempo de recreo, polo tanto non é necesario que os alumnos e alumnas traian "merenda" para o tempo de recreo.