miércoles, 16 de diciembre de 2015

FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (PORTO DO SON 2015)

O pasado mércores 16 de decembro os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza participaron na fase comarcal de campo a través no Concello de Porto do Son onde se deron cita máis de mil corredores e corredoras. Foi unha mañá de deporte na natureza onde participaron nenos e nenas de categorías Benxamín, Alevín e Infantil.
Pasámolo xenial!!!
Aquí tedes algunhas imaxes da proba:












viernes, 11 de diciembre de 2015

O ALUMNADO DE 5ºB PARTICIPARÁ NO PROXECTO CONSUMÓPOLIS

http://www.consumopolis.es/concurso/?i=gal
Os alumnos e alumnas de 5º B participarán este curso no proxecto CONSUMÓPOLIS en colaboración co plan Proxecta e a Escola Galega de Consumo.
A través de CONSUMÓPOLIS, os nenos e nenas aprenderán aspectos relacionados co consumo responsábel e saudábel, complementando os contidos do Proxecto Deportivo de Centro.
Como podemos ver na ligazón do principio, CONSUMÓPOLIS terá dúas fases, a primeira o alumnado deberá facer un recorrido virtual pola cidade do consumo para posteriormente facer un traballo en grupos de cinco.