viernes, 19 de diciembre de 2014

LIPDUB DE NADAL

Aquí tedes o lipdub realizado polo alumnado e persoal do centro en colaboración co Proxecto Deportivo de Centro.
BO NADAL E FELIZ 2015!!!!


jueves, 18 de diciembre de 2014

LIPDUB DE NADAL

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do Ceip Barrié de la Maza en colaboración co Proxecto Deportivo de Centro realizamos o pasado martes a gravación final do lipdub para poder facer o visionado do mesmo mañá no festival de Nadal.
Despois de varios días ensaiando tanto coreografías coma vestiario o vindeiro venres poderemos ver o resultado final.
Esta actividade está incluída no PDC e relacionada directamente coa danza, expresión corporal e as tecnoloxías da información e comunicación.
Unha vez que se realice a "proxección-estrea" no centro este venres, colgaremos o videotanto neste blogue coma na páxina web do colexio para que todos e todas poidan obsrvar o traballo realizado. Esperamos que vos guste!!!!


viernes, 5 de diciembre de 2014

COMEZAN AS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS DO PROGRAMA XOGADE

O pasado mércores 3 de decembro os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º acompañados dos mestres/as do centro desprazaronse ata o concello de Negreira para participar na proba de campo a  través comarcal dentro do programa XOGADE e en colaboración co noso Proxecto Deportivo de Centro.
Fomos o centro participante con máis corredores/as e pasamos unha xornada divertida ao mesmo tempo que fixemos actividade física.
Aquí temos algunhas das imaxes da proba: