miércoles, 28 de septiembre de 2016

INICIACIÓN AO BALONMÁN

En colaboración coa escola de Balonmán Xallas os nenos e nenas do noso colexio vivenciarán unha serie de actividades e exercicios, nas clases de Educación Física, de iniciación ao balonmán para que o alumnado coñeza esta disciplina deportiva e dea o paso a participar na Escola de Balonmán.


COMEZA UN NOVO CURSO

Comeza un novo curso e con el novas actividades do Proxecto Deportivo de Centro. Neste novo curso 2016/2017 o Ceip Barrié de la Maza voltará a participar no plan Proxecta en colaboración coa Consellería de Educación nun novo PDC. Esperamos que os nenos e nenas gocen moito con estas novas actividades!!!!