jueves, 12 de febrero de 2015

O COLEXIO HOMENAXEA AOS CAMPIÓNS PROVINCIAIS DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado luns o grupo de mestres/as e alumnos/as do colexio Barrié de la Maza homenaxearon aos campións provinciais de campo a través en categoría benxamín masculino. Os campións recibiron un agasallo por parte da directora do centro máis un coloroso aplauso por parte de todos os seus compaleiros e compañeiras.


ADHESIÓN DO CEIP BARRIÉ DE LA MAZA AO PROXECTO GALICIA SAUDABLE






Este é o documento que nos acredita como participantes no proxecto Galicia Saudable e que se atopa fronte ao despacho de dirección.

sábado, 7 de febrero de 2015

O equipo Benxamín masculino do Ceip Barrié de la Maza (Santa Comba), campión provincial de campo a través.

Hoxe sábado 7 de febreiro tivo lugar a proba provincial de campo a través no concello da Pobra do Caramiñal, na que participou o equipo benxamín masculino do noso centro (clasificado na proba intercomarcal) acadando o primeiro posto na clasificación por equipos.
Foi unha fría mañá de actividade física nun entorno natural (circuíto de Cabío) onde os alumnos acompañados da directora do centro (Dolo) e o coordinador do proxecto deportivo do centro (César) fixeron unha excelente proba deportiva.
NORABOA CAMPIÓNS!!!!



martes, 3 de febrero de 2015

Educación física para unha vida máis prolongada, saudable, satisfactoria e productiva

LIGAZÓN

FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro sábado 7 de febreiro terá lugar a fase Provincial de Campo a Través en Cabío (Pobra do Caramiñal), proa á que está clasificado o equipo Benxamín Masculino do Ceip Barrié de la Maza e que asistirá ao evento acompañado de mestres do propio centro.
Moita sorte aos participantes!!!!