lunes, 27 de noviembre de 2017

COMEZAMOS COAS PROBAS FÍSICAS DAFIS

Unha vez que xa chegou ao noso centro o baúl co material para poder realizar a batería de probas da condición física DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable) comezaremos a realizar a valoración co alumnado de 5º e 6º curso, ademais de medir e pesar ao alumnado de Primaria para coñecer o porcentaxe de alumnos e alumnas co problemas de obesidade e sobrepeso.
Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.
Este é cuarto curso consecutivo que o noso colexio participa neste proxecto en colaboración coa Xunta de Galicia.

0 comentarios:

Publicar un comentario