Hoxe tivo lugar a carreira solidaria para recadar fondos para ASANOG "Asociación de axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia". Por un circuito circular de 500 metros foron correndo os nenos e nenas en quendas. Por cada volta percorrida cada neno ou nena ten distintos patrocinadores que se comprometen a doar unha cantidade de cartos (máximo 0,50 euros) por volta percorrida.
Pola tarde foi a quenda na que participaron persoas adultas: mestres, mestras, pais, nais e persoal do centro.
Ademais, tamén participamos na dinámica #PaintGold que ten como finalidade visibilizar a loita contra o cancro infantil, polo que cada alumno ou alumna pintou na súa cara dúas liñas de cor dourada.
A vindeira semana faremos o reconto de todo o recadado e organizaremos un acto de entrega de toda a recadación á dirección de ASANOG.
Pasámolo xenial, facendo exercicio e traballando por unha boa causa. DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL!!!!
#PaintGold #DeámoslleAVoltaAoCancroInfantil #ASANOG
viernes, 14 de febrero de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario