lunes, 27 de junio de 2016

PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. NORABOA!!!!!

O pasado venres 24 de xuño publicouse na web da Consellería de Educación o listado de centros docentes premiados polos Premios Proxecta de Innovación Educativa. O Proxecto Deportivo de Centro do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba acadou un accesit na categoría A de centros de Educación Infantil e Primaria.
Os mestres e mestras participantes estamos contentísimos con este recoñecemento e aínda que o indicativo de que estamos a facer ben o noso traballo sempre son os sorrisos dos nenos e nenas cando participan nas diferentes actividades sí que nos dá máis azos para continuar co noso traballo e mellorar curso tras curso o noso proxecto. NORABOA A TODOS E TODAS!!!ESTE RECOÑECEMENTO É PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_3.pdf

0 comentarios:

Publicar un comentario