miércoles, 26 de febrero de 2014

PROXECTO XORNADA ÚNICA

Lembrade que o vindeiro venres 28 de febreiro, realizarase no centro a votación para o cambio de xornada escolar en sesión única de mañán. Pensamos que a xornada única de mañán favorecerá que o alumnado teña máis tempo libre pola tarde e deste xeito aumentar o tempo dedicado á actividade física. É moi importante que todos os pais e nais vaian votar.
Na seguinte ligazón podedes consultar as características do proxecto de xornada única:
PROXECTO DE XORNADA ÚNICA

lunes, 17 de febrero de 2014

Campo a través provincial Santiago de Compostela 2014

O pasado sábado 15 de febreiro un grupo de nenos e nenas do centro participaron na proba provincial de campo a través dentro do programa XOGADE. Noraboa aos participantes!!. Podedes consultar as clasificacións da proba na seguinte ligazón:
CLASIFICACIÓNS





miércoles, 5 de febrero de 2014

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro venres 7 de febreiro o Ceip Barrié de la Maza participará na fase intercomarcal de campo a través. A proba realizarase en Noia, e participarán os alumnos e alumnas clasificados na anterior fase:
EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO: Fabio Barbeira, Yago Facal, Xián Suárez, Luis Mourelle, Davis Pereira e Luciano Damiani.
EQUIPO ALEVÍN FEMININO: Clara Antelo, Tania Calvelo, Antía Gesto, Miriam Capelo, Nerea Armán e Laura Baña.
EQUIPO ONFANTIL FEMININO: Desiree Ascanio, Raquel Redondo, Noelia Cal, Paula Vila, Nerea Ferreiro, Luciano Santos.
INDIVIDUAIS BENXAMÍN FEMININO: Luana Álvarez e Fátima Temes.
INDIVIDUAIS INFANTIL MASCULINO: Víctor Araúzo e Iván Fidalgo.
MOITA SORTE A TODOS E TODAS!!!