sábado, 29 de marzo de 2014

LIGA DE COLES NO CPI DE ZAS

O pasado venres desprazámonos ata o CPI de Zas para participar, por equipos, nunha liga deportiva entre centros. Os colexios participantes foron: CPI de Zas, CEIP Barrié de la Maza e CPI da Picota. Pasámolo xenial!. Aqui tedes algunhas fotos da actividade:













jueves, 27 de marzo de 2014

LIGA DE COLES NO CPI DE ZAS

O vindeiro venres 28 de marzo viaxaremos ata Zas para realizar unha competición por equipos fronte aos colexios da Picota e Zas.
Os alumnos e alumnas estarán organizados en oito equipos (catro de segundo ciclo e catro de terceiro ciclo) e competirán nas disciplinas de balonmano, baloncesto, futbito e brilé. Actividade de iniciación deportiva que está incluída no Proxecto Deportivo de Centro.
Que gocedes co deporte!!!

viernes, 21 de marzo de 2014

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN INFANTIL

Onte tivo lugar na biblioteca do centro unha charla informativa sobre "Alimentación Infantil" impartida pola doutora Cristina Guillín, onde mestres/as e pais/nais aprendemos conceptos básicos sobre alimentación infantil, actividade incluída no "Proxecto Educativo de Centro".





miércoles, 19 de marzo de 2014

CHARLA INFORMATIVA SOBRE ALIMENTACIÓN INFANTIL

Mañá xoves 20 de marzo ás 16:30 horas haberá unha charla informativa na biblioteca do centro sobre "Alimentación Infantil" impartida pola doutora Cristina Guillín. Esta charla, incluída no PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO, terá como finalidade ensinar aos pais/nais e mestres/as do centro cómo deben ser as comidas infantís para que sexan saudábeis.



domingo, 16 de marzo de 2014

Así foi a II Saída Saudable!!


II SAÍDA SAUDÁBEL

O pasado venres 14 de marzo os alumnos e alumnas de terceiro ciclo fomos de camiñata realizando un recorrido a pé polos arredores do noso centro. Camiñamos un total de 6 kilómetros en 80 minutos. Consumindo aproximadamente 228 calorías. Pasámolo xenial e ao mesmo tempo aprendemos como utilizar o noso tempo libre dunha maneira saudábel.
Na seguinte imaxe podemos ver a ruta que seguimos e a pendente da mesma:



domingo, 9 de marzo de 2014

FESTIVAL DE ENTROIDO

O pasado venres 28 de Febreiro celebramos no noso centro o festival de Entroido. Todos os nenos e nenas do cole caracterizáronse con disfreces relacionados coa temática "OS TESOUROS". Percorremos diferentes rúas do concello camiñando en grupo e finalmente, todos e todas no pavillón, puxemos en práctica a coreografía "MÓVETE MÁIS", actividades saudábeis incluídas no "Proxecto Deportivo de Centro". Que ben o pasamos!!!!