sábado, 26 de abril de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

Maio: Mes do deporte no Barrié

Como xa sabedes o vindeiro mes de maio, estará dedicado ao deporte, teremos ciclos de cine sobre deportes, exposicións de libros, visitas de xogadores profesonais etc. Pasarémolo xenial e aprenderemos aspectos importantes relacionados co deporte e estilos de vida saudábeis:


domingo, 13 de abril de 2014

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL

O pasado luns 7 de abril para celebrar o día mundial da saúde, todos os grupos de Ceip Barrié de la Maza participamos nun obradoiro de comidas saudábeis. En educación infantil elaboraron "brochetas de froitas", en primeiro ciclo unha "macedonia de froitas", en segundo ciclo asinaron un "acordo de alimentación saudábel", e en terciro ciclo elaboraron "tartaletas de mazá e froitos secos", "macedonia de froitas", "roliños terra e mar" e "ensalada Safari". Como gozamos e canto aprendemos!!!
A continuación tedes un video onde podedes observar as actividades elaboradas polo alumnado:


FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (NOIA)

O pasado xoves os nenos e nenas, clasificados na fase anterior, participaron nunha carreira de campo a través en Noia, actividade incluída no Proxecto Deportivo de Centro dentro do proxecto "XOGADE". Foi todo un éxito, pasámolo xenial practicando deporte e ademáis o noso centro quedou primeiro clasificado en benxamíns masculino, primeiro por equipos en bexamíns masculino, terceiros alevíns feminino por equipos, e segundos infantil feminino por equipos. Noraboa a todos e todas!!!














miércoles, 9 de abril de 2014

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE - OBRADOIRO GASTRONÓMICO

O pasado luns 7 de abril celebrouse o día mundial da saúde e para conmemorar este día no cole fixemos un obradoiro gastronómico saudábel, actividade incluída no Proxecto Deportivo de Centro.
En infantil elaboraron "brochetas de froitas", en primeiro ciclo "macedonia de froitas", os nenos e nenas de segundo ciclo asinaron un compromiso de traer merendas saudábeis durante toda a semana e en terceiro ciclo elaboraron "ensalada safari", "roliños de terra e mar", "macedonia de froitas" e "tartaletas con maza e froitos secos"; todas as receitas baixas en graxas e sen azucre para fomentar a alimentación sauábel. Aqui tedes algunhas imaxes da actividade:







FASE INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro xoves 10 de abril desprazarémonos ao Concelo de Noia para participar na fase intercomarcal de campo a través, dentro do programa de deporte escolar, que se suspendera no mes de febreiro polo mal tempo. Este é o plano do circuito:


domingo, 6 de abril de 2014

Comezamos as avaliacións da condición física

Esta semana comezamos as diferentes probas para avaliar o nivel de condición física dos nenos e nenas para despois integrar estes datos na plataforma DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), unha ferramenta elaborada ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral que participa de iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.