viernes, 30 de mayo de 2014

Nova Saída Saudábel!!!

Desta vez foron os alumnos e alumnas de 1º ciclo que visitaron a comarca do Barbanza e realizaron unha camiñata polo concello da "Póboa do Caramiñal". Pasárono xenial ao mesmo tempo que ocuparon o seu tempo de lecer realizando exercicio físico.


lunes, 26 de mayo de 2014

EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE DEPORTE

Na entrada do colexio podemos observar unha exposición de libros relacionados cos deportes e a actividade física para que o alumnado poida coller e lelos durante os vinte minutos de lectura diaria obligatoria.  "Maio:mes do deporte".


"FUTBOLÍN"

Os alumnos e alumnas do centro comenzaron a visionar o filme "Futbolín" que é unha adaptación do conto de "Roberto Fontarrosa" "Memorias de un wing derecho", dentro do programa "Maio:mes do deporte". Este programa está coordinado polo Proxecto Deportivo de Centro e o Equipo de biblioteca, e tenta mediante diferentes actividades transmitir ao alumnado valores característicos dos deportes coma o compañerismo, traballo en equipo, respecto, paixón, amizade...

martes, 20 de mayo de 2014

VISITA AO CENTRO DE MANOLO CORREDOIRA E MANUEL POMBO

Hoxe visitáronos Manolo Corredoira (adestrador do Xallas) e Manuel Pombo (preparador físico e segundo adestrador do Deportivo da Coruña) para falarnos da importancia do exercicio físico e a práctica do deporte na nosa vida diaria; ademáis faláronnos de como é o día a día dos xogadores profesionais e curiosidades das súas traxectorias profesionais, finalmente asinaron autógrafos aos nenos e nenas. Actividade incluída no Proxecto Deportivo de Centro. Moitas grazas pola visita!!!





lunes, 19 de mayo de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A CANTABRIA

Os alumnos e alumnas de sexto curso acompañados dos mestres/as Tudita, Irene e César foron a Cantabria de viaxe de fin de curso, foron cinco días onde realizaron diferentes actividades culturais e deportivas. Visitaron o parque natural de Cabárceno, a neo-cueva de Altamira, Forestal Park, as covas do Soplao, Potes, Santillana del Mar, o macizo central dos Picos de Europa e Suances e realizaron actividades deportivas como escalada, tirolina, sendeirismo e piragüismo. De seguro que foi unha viaxe inesquecible!









jueves, 8 de mayo de 2014

REPARTO DE FROITA FRESCA NOS RECREOS

O noso centro, dentro do programa "Maio: mes do deporte no Ceip Barrié de la Maza", participará no proxecto do FOGGA (Fondo Galego de garantía Agraria), actividade incluída no Proxecto Deportivo de Centro (PDC); polo tanto a partires do luns 12 de maio e ata o 6 de xuño repartirase unha peza diaria de froita fresca a cada neno ou nena de forma gratuíta, colaborando desta maneira coa alimentación saudábel do alumnado.