lunes, 24 de noviembre de 2014

COMEZAMOS COA BATERÍA DE PROBAS FÍSICAS AO ALUMNADO!!!

Dende a pasada semana comezamos a pasar ao alumnado de educación primaria a batería de probas físicas para posteriormente subir os datos á plataforma DAFIS.
As probas físicas avaliarán o nivel físico do alumnado en relación á forza de prensión, forza explosiva do membro inferior, velocidade, axilidade, resistencia do tren superior, resistencia cardiorrespiratoria e medidas antropométricas.
Na seguinte ligazón tedes máis información sobre a batería de probas e sobre a plataforma:
https://dafis.xunta.es/gl/



martes, 18 de noviembre de 2014

COMEZA DIVERTIPATIO!!!!

Finalmente o vindeiro mércores 19 de novembro comeza "DIVERTIPATIO 2014/2015" con moitas nividades: xogos novos, aulas novas, moita diversión e actividade física.
 ÍMOLO PASAR XENIAL!!!


miércoles, 12 de noviembre de 2014

HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL

Hoxe realizáronse no noso centro uns obradoiros de alimentación e hábitos de vida saudábeis en colaboración coa Fundación Mapfre, Ciencia divertida e o Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio. Os nenos e nenas de ata 4º curso gozaron coas actividades propostas polos monitores/as da fundación ao mesmo tempo que aprenderon maneiras de levar un estilo de vida máis saudábel.



viernes, 7 de noviembre de 2014

COMEZA DIVERTIPATIO 2014-2015

O vindeiro mércores 12 de novembro comezan as actividades de dinamización dos tempos de recreo "DIVERTIPATIO" con moitas novidades respecto ao pasado curso: novas actividades, diferentes zonas de xogo, novos monitores e monitoras, etc. Que o pasedes moi ben!!!!