jueves, 29 de octubre de 2015

VOTACIÓNS PARA O CAMBIO DE ACTIVIDADES NO PATIO "DIVERTIPATIO"

O pasado 8 de outubro os nenos e nenas de Educación Primaria participaron nunha votación democrática para elixir se querían continuar cos recreos activos, igual que ocorreu nos cursos pasados, ou continuar co xogo libre tradicional de comezo de curso. Aquí podedes ver un video de como foi esa votación.


REMATADA A BATERÍA DE PROBAS DA CONDICIÓN FÍSICA (DAFIS)

Ao longo do mes de outubro os nenos e nenas de Educación Primaria realizaron unha serie de probas físicas e de medicións corporais para coñecer o nivel físico de cada un/unha e subir os datos á plataforma DAFIS, é importante coñecer o nivel físico xeral do alumnado e a súa evolución no tempo para adaptar as diferentes actividades do PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO.

jueves, 1 de octubre de 2015

COMEZAMOS COAS PROBAS FÍSICAS DA PLATAFORMA DAFIS

Os mestres e mestras do Ceip Barrié de la Maza de Santa Comba comezamos esta semana a pasar ao alumnado as probas físicas para coñecer o nivel físico do alumnado, do mesmo xeito que fixemos os cursos pasados. Estes datos posteriormente serán subidos á plataforma DAFIS para obter informes xerais da condición física do alumnado.