martes, 20 de diciembre de 2016

MANNEQUIN CHALLENGE BO NADAL

O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) filmou un Mannequin Challege para felicitar o Nadal de parte de todos os colaboradores do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.
Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!


jueves, 15 de diciembre de 2016

GAÑADORA E GAÑADOR DO CONCURSO "DIVERTICAN 2016"

A alumna Jennifer Rey Temes e o alumno Iñaki Lois Rieiro son os gañadores do concurso de debuxo e redación curta "DIVERTICAN 2016".
O certame consistía en elaborar un debuxo, empregando a técnica que se desexase, de DIVERTICAN (mascota do nos Proxecto Deportivo de Centro) practicando algunha actividade física ao aire libre, xunto cunha explicación, poesía, descrición, redación, ou algo relacionado co seu debuxo.
Estes foron os debuxos galardoados, os seus autores serán obsequiados cunha camisola co logo do Proxecto. Noraboa aos dous!!

Iñaki Lois Rieiro
Jennifer Rey Temes

DÍPTICO DE RECOMENDACIÓNS SAUDÁBEIS

Decembro é unha data con moitas celebracións e eventos, xa que non só se celebra o Nadal e fin de ano, senón que ademais as crianzas están en vacacións e hai máis festas, paseos, e actividades.
Por iso é necesario que os nenos e nenas teñan unha serie de hábitos saudábeis para que esta época do ano non se convirta nun problema para a saúde dos mesmos.
Dende o PDC entregarémos a todos os alumnos e alumnas do centro este díptico con recomendacións saudábeis para ter en conta nesta época de vacacións.



lunes, 5 de diciembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para celebrar este día, o alumnado de sexto e quinto curso en colaboración co Concello da Santa Comba elaborou un graffiti co lema: "Xogando Xuntos Seremos Iguais".
Foi unha xornada moi divertida onde, despois dunha charla informativa, aprendemos que todos e todas somos iguais e que todos e todas podemos e queremos xogar xuntos/as.









DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O pasado 2 de decembro para conmemorar o día Internacional da Discapacidade (3 de decembro) o alumnado de quinto e sexto participou nunhas xornadas de concienciación organizadas pola Asociación Avante de Val do Dubra.




lunes, 21 de noviembre de 2016

PARTICIPAMOS NO CONCURSO "LEGUMES SAUDABLES"

O alumnado de 5º e 6º participou de forma voluntaria no concurso "Legumes Saudables" organizado polo Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia "CODINUGAL", no que de forma voluntaria cada alumno ou alumna debía elaborar unha receita saudable na que o ingredente principal fora unha legume.  Algunhas das receitas que nos enviaron foron as seguintes:



jueves, 17 de noviembre de 2016

COMEZA DIVERTIPATIO!!!

Esta semana comezamos coas actividades de recreos saudábeis "DIVERTIPATIO". Por cuarto ano consecutivo continuamos realizando esta actividade no tempo de recreo onde o alumnado é o protagonista. Este curso temos moitas novidades para que o alumnado goce no seu tempo recreo ao mesmo tempo que realiza actividades dinámicas e exercicio físico. Aquí tedes varias instantáneas da primeira xornada de DIVERTIPATIO!!













miércoles, 9 de noviembre de 2016

FROITA UN BOTÍN SABOROSO

O noso centro en colaboración co Proxecto Deportivo de Centro participará no proxecto escolar "Froita, un botín saboroso", onde o alumnado aprenderá diferentes aspectos relacionados coa froita e a verdura, ao mesmo tempo que realiza actividades moi divertidas!!!
http://www.frutaunbotinsabroso.es/


martes, 8 de noviembre de 2016

HOSPITAL DOS OSIÑOS


Hoxe o alumnado do Ceip Barrié de la Maza participou nun obradoiro con estudantes de medicina, onde se traballaron hábitos saudables,de alimentación, protección solar, etc.
Pasámolo xenial!!!











viernes, 21 de octubre de 2016

CARREIRA DE ORIENTACIÓN POLO COLEXIO DE SANTA COMBA

O alumnado de quinto e sexto curso durante unha sesión de educación física participou nunha carreira de orientación polas instalacións do centro. A carreira consistou en localizar por grupos dez pistas (pegatinas) agochadas polos diferentes patios do colexio axudado por un mapa indicativo. Foi unha actividade que gustou moito o alumnado e que serviu para traballar aspectos de orientación en plano, en actividades físicas grupais, ademais de iniciar ao mesmo nun deporte que cada vez é máis popular pola xuventude.
A continuación podemos observar un modelo de mapa que empregou o alumnado nesta actividade:


jueves, 13 de octubre de 2016

PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PROXECTA 2016

O curso pasado o noso Proxecto Deportivo de Centro foi galardoado cun accésit nos premios "PROXECTA 2016". O pasado 11 de outubro o coordinador do proxecto César Ramos e a directora do colexio Dolores Nieto recibiron o meritorio premio de mans do conselleiro de educación Román Rodríguez.  NORABOA A TODOS E TODAS POLO RECOÑECEMENTO!!!!
 http://www.noticieirogalego.com/2016/10/roman-rodriguez-destaca-o-plan-proxecta-como-unha-porta-a-transformacion-e-innovacion-no-ensino/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2016/10/12/tres-colegios-area-santiago-logran-premios-innovacion/0003_201610S12C4991.htm
http://www.crtvg.es/informativos/o-ceip-de-arzua-e-o-ies-davina-rey-de-monforte-ganadores-dos-premios-proxecta-2404414 

 



miércoles, 28 de septiembre de 2016

INICIACIÓN AO BALONMÁN

En colaboración coa escola de Balonmán Xallas os nenos e nenas do noso colexio vivenciarán unha serie de actividades e exercicios, nas clases de Educación Física, de iniciación ao balonmán para que o alumnado coñeza esta disciplina deportiva e dea o paso a participar na Escola de Balonmán.


COMEZA UN NOVO CURSO

Comeza un novo curso e con el novas actividades do Proxecto Deportivo de Centro. Neste novo curso 2016/2017 o Ceip Barrié de la Maza voltará a participar no plan Proxecta en colaboración coa Consellería de Educación nun novo PDC. Esperamos que os nenos e nenas gocen moito con estas novas actividades!!!!

lunes, 27 de junio de 2016

PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. NORABOA!!!!!

O pasado venres 24 de xuño publicouse na web da Consellería de Educación o listado de centros docentes premiados polos Premios Proxecta de Innovación Educativa. O Proxecto Deportivo de Centro do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba acadou un accesit na categoría A de centros de Educación Infantil e Primaria.
Os mestres e mestras participantes estamos contentísimos con este recoñecemento e aínda que o indicativo de que estamos a facer ben o noso traballo sempre son os sorrisos dos nenos e nenas cando participan nas diferentes actividades sí que nos dá máis azos para continuar co noso traballo e mellorar curso tras curso o noso proxecto. NORABOA A TODOS E TODAS!!!ESTE RECOÑECEMENTO É PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_3.pdf

miércoles, 22 de junio de 2016

FELICES VACACIÓNS!!!!

Remata este curso cargado de actividades relacionadas co exercicio físico e a alimentación saudable e polo tanto tamén remata o noso Proxecto Deportivo de Centro 2015/2016. Que pasedes unhas felices vacacións de verán!!!Vémonos á volta!!


martes, 21 de junio de 2016

COMPETICIÓN PROFESORADO VS ALUMNADO

O pasado luns 20 de xuño tivo lugar no Ceip Barrié de la Maza os xa tradicionais partidos de fútbol sala e baloncesto de mestres e mestras contra alumnos e alumnas de sexto curso. Aquí temos algunhas instantáneas dos encontros: