viernes, 21 de octubre de 2016

CARREIRA DE ORIENTACIÓN POLO COLEXIO DE SANTA COMBA

O alumnado de quinto e sexto curso durante unha sesión de educación física participou nunha carreira de orientación polas instalacións do centro. A carreira consistou en localizar por grupos dez pistas (pegatinas) agochadas polos diferentes patios do colexio axudado por un mapa indicativo. Foi unha actividade que gustou moito o alumnado e que serviu para traballar aspectos de orientación en plano, en actividades físicas grupais, ademais de iniciar ao mesmo nun deporte que cada vez é máis popular pola xuventude.
A continuación podemos observar un modelo de mapa que empregou o alumnado nesta actividade:


jueves, 13 de octubre de 2016

PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PROXECTA 2016

O curso pasado o noso Proxecto Deportivo de Centro foi galardoado cun accésit nos premios "PROXECTA 2016". O pasado 11 de outubro o coordinador do proxecto César Ramos e a directora do colexio Dolores Nieto recibiron o meritorio premio de mans do conselleiro de educación Román Rodríguez.  NORABOA A TODOS E TODAS POLO RECOÑECEMENTO!!!!
 http://www.noticieirogalego.com/2016/10/roman-rodriguez-destaca-o-plan-proxecta-como-unha-porta-a-transformacion-e-innovacion-no-ensino/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2016/10/12/tres-colegios-area-santiago-logran-premios-innovacion/0003_201610S12C4991.htm
http://www.crtvg.es/informativos/o-ceip-de-arzua-e-o-ies-davina-rey-de-monforte-ganadores-dos-premios-proxecta-2404414