Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!
martes, 20 de diciembre de 2016
MANNEQUIN CHALLENGE BO NADAL
O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) filmou un Mannequin Challege para felicitar o Nadal de parte de todos os colaboradores do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.
Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!
Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!
jueves, 15 de diciembre de 2016
GAÑADORA E GAÑADOR DO CONCURSO "DIVERTICAN 2016"
A alumna Jennifer Rey Temes e o alumno Iñaki Lois Rieiro son os gañadores do concurso de debuxo e redación curta "DIVERTICAN 2016".
O certame consistía en elaborar un debuxo, empregando a técnica que se desexase, de DIVERTICAN (mascota do nos Proxecto Deportivo de Centro) practicando algunha actividade física ao aire libre, xunto cunha explicación, poesía, descrición, redación, ou algo relacionado co seu debuxo.
Estes foron os debuxos galardoados, os seus autores serán obsequiados cunha camisola co logo do Proxecto. Noraboa aos dous!!

Iñaki Lois Rieiro
Jennifer Rey Temes
DÍPTICO DE RECOMENDACIÓNS SAUDÁBEIS
Decembro é unha data con moitas celebracións e eventos, xa que non só se celebra o Nadal e fin de ano, senón que ademais as crianzas están en vacacións e hai máis festas, paseos, e actividades.
Por iso é necesario que os nenos e nenas teñan unha serie de hábitos saudábeis para que esta época do ano non se convirta nun problema para a saúde dos mesmos.
Dende o PDC entregarémos a todos os alumnos e alumnas do centro este díptico con recomendacións saudábeis para ter en conta nesta época de vacacións.

lunes, 5 de diciembre de 2016
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para celebrar este día, o alumnado de sexto e quinto curso en colaboración co Concello da Santa Comba elaborou un graffiti co lema: "Xogando Xuntos Seremos Iguais".
Foi unha xornada moi divertida onde, despois dunha charla informativa, aprendemos que todos e todas somos iguais e que todos e todas podemos e queremos xogar xuntos/as.

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
O pasado 2 de decembro para conmemorar o día Internacional da Discapacidade (3 de decembro) o alumnado de quinto e sexto participou nunhas xornadas de concienciación organizadas pola Asociación Avante de Val do Dubra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)