martes, 24 de abril de 2018

OBRADOIRO DE XOGOS NO MUNDO

Hoxe, martes 24 de abril, o equipo de Actividades Extraescolares celebrou un obradoiro de xogos do mundo.
O lugar de celebración foi o pavillón escolar e por el pasaron, por quendas, todos os alumnos e alumnas do colexio para coñecer diferentes xogos tradicionais característicos douutras culturas. a actividade estivo encadrada na chamada "Semana Intercultural", na que tamén se realizarán charlas coloquio con diferentes familias estranxeiras do centro e degustación de produtos típicos de distintos países.




jueves, 19 de abril de 2018

PREMIO GALICIA SAUDABLE AO NOSO PDC!! NORABOA!!!

Hoxe estamos de noraboa, a Secretaría Xeral para o Deporte vén de premiarnos co galardón "Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa", xunto con deportistas como Lucas Vázquez, Paula Ginzo ou entidades deportivas como o Real Clube Celta de Vigo. Noraboa a todos e todas!!!


martes, 17 de abril de 2018

UNIDADE DIDÁCTICA DE INICIACIÓN AO CROSSFIT

A continuación ofrecemos un video da Unidade Didáctica sobre Crossfit que tivo lugar nas clases de 5º e 6º B e 6º C no mes de marzo.



lunes, 16 de abril de 2018

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O noso centro, tal como fixemos en anteriores cursos, coincidindo coa semana do 4 de abril "Día Mundial da Saúde" organizamos un obradoiro de alimentación saudable.
Esta actividade está incluída no Proxecto Deportivo de Centro e ten como finalidade que o alumnado elabore unha serie de receitas saudables para posteriormente degustalas e observar que comer de forma sana é moi sinxelo e divertido.
O alumnado máis pequeno elaborou unhas brochetas de froitas mentres que os nenos e nenas maiores fixeron "salada de aguacate", "batidos de froitas", "brazo de xitano salgado", "xoaniñas saudables" e "caras de sandwich".
Pasámolo xenial e encantáronnos as receitas!!
Aquí tedes algunha instantánea do obradoiro da pasada semana!




jueves, 12 de abril de 2018

UN CONTO PARA PI

Hoxe tivemos unha visita moi especial, coñecemos a Pi, un can moi cariñoso.

Dentro do Proxecto Protexe os animais, que desenvolvemos na clase de 5ºB cos mestres César Ramos e Dolores Pérez, participamos na actividade "Un conto para Pi" para fomentar a tenencia responsable de animais de compañía e a natureza.
Un Conto para PI é un proxecto Piloto de educación ambiental a través da animación a lecto -escritura e a creatividade nos escolares de primaria, tendo como vehículo e ferramenta de comunicación interactiva a un can: “PI”, un can de cinco anos adoptado de moi bon carácter que vai a mostrar otras formas de contemplar la protección animal e a sensibilización da natureza.
O alumnado creou un conto que formará parte dun gran libro de contos, que se poderán leer noutros colexios.
Moitas grazas a Ana Quiroga, a coidadora de Pi, polo seu traballo!!
Aprendemos moito e pasámolo xenial!