O noso centro educativo participa no programa "RCP na Aula" que nace
coa colaboración do CAFI e o 061 coas entidades educativas. Este
proxecto consiste en formar a docentes en técnicas de primeiros
auxilios, Reanimación Cardio-Pulmonar (RCP) e Desfibrilador Externo
Semiautomático (DESA).
Estas últimas dúas semanas recibimos o material para a práctica
destas técnicas e o alumnado de 5º e 6º está a realizar unha unidade
didáctica nas clases de educación física, mentres que o profesorado e
persoal interesado nesta formación asistiu onte a unha charla-obradoiro
que se complementará con outra o vindeiro xoves.
Esta actividade está encadrada dentro do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.
AS TÚAS MANS SALVAN VIDAS!!!
miércoles, 30 de mayo de 2018
LIPDUB DE FIN DE CURSO
A continuación ofrecemos o traballo final do proxecto do Plan de
Formación do Profesorado (PFPP) deste curso. Neste traballo final
participou todo o alumnado, profesorado e persoal do centro.
Noraboa a todos e todas!
Noraboa a todos e todas!
domingo, 13 de mayo de 2018
O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA NA TVG
O pasado venres un equipo da TVG visitou o noso centro para gravar unha reportaxe con motivo do premio "Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa"
que nos concedeu a Secretaría Xeral para o Deporte e que nos entregarán
este luns na Gala de entrega dos Premios do Deporte Galego no Auditorio
Sede Afundación de Pontevedra. A reportaxe será retransmitida pola TVG
tamén este luns 14 de maio, a partir das 17:30 horas, no programa "Galicia Viva".
Charla sobre fútbol no Barrié
O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria asistiu a unha xornada de promoción do fútbol impartida polo Xallas Fútbol Club.
miércoles, 9 de mayo de 2018
FOMOS ENTREVISTADOS EN RADIO NEGREIRA
O pasado 26 de abril a directora do colexio, Dolores Nieto, e o coordiador do PDC, César Ramos achegáronse á Radio Negreira para seren entrevistados con motivo do premio recibido. A continuación o audio da mesma:
martes, 8 de mayo de 2018
O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA É O COLE MÁIS SAUDABLE DE GALICIA
https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/santiago/2018/05/08/span-langgl-ceip-barrie-maza-e-cole-mais-saudable-galiciaspan/0003_201805S8C7994.htm
miércoles, 2 de mayo de 2018
COMIDA SAUDABLE DE VENEZUELA!
Como parte da semana intercultural que estamos celebrando no noso
colexio, o alumnado de infantil puido coñecer un pouco a gastronomía dos
venezolanos da man de José Ángel, o pai de Ariadna de 3 anos A. Grazas a
el aprendemos a cociñar arepas, que os propios nenos e nenas de
infantil tiveron que amasar. A xornada non puido acabar mellor, pois
todos puideron probar este produto típico de Venezuela
Suscribirse a:
Entradas (Atom)