miércoles, 27 de noviembre de 2019

Continuamos coas medicions e probas médicas do proxecto CORALS

Na xornada de hoxe achegáronse especialistas do proxecto CORALS para continuar a realizar as probas médicas co alumnado participante no proxecto CORALS. Os pais e nais tamén participaron cubrindo diferentes cuestionarios para coñecer os hábitos dos nenos e nenas. A continuación algunhas instantáneas do día de hoxe:




jueves, 21 de noviembre de 2019

PROXECTO CORALS NO BARRIÉ

Hoxe comezamos no noso centro un estudio en Educación Infantil sobre obesidade e hábitos saudables e dietéticos. Visitaron o noso centro persoal especializado da Universidade de Santiago de Compostela. Máis información sobre este proxecto na seguinte ligazón:
https://corals.es/proyecto/


VOTACIÓN DIVERTIPATIO NO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

No día de hoxe o alumnado do noso centro realizou a votación democrática para a elección do cambio de actividades no patio (DIVERTIPATIO) coincidindo co Día Universal da Infancia. Deste xeito puideron poñer en práctica algún dos dereitos recollidos na Convención, que este ano cumpre xa 30 anos, neste caso o dereito a participar.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarriemaza/node/480




viernes, 25 de octubre de 2019

PEQUEVOLEY

Este curso o noso colexio volve participar no proxecto PEQUEVOLEY, actividade de iniciación ao voleybol mediante a cal a FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE VOLEIBOL envía ao centro material para poñer en práctica unha unidade didáctica deste deporte colectivo.
Onte mesmo recibimos o material.
Pasarémolo xenial nas nosas clases de Educación Física e en DIVERTIPATIO!




INICIACIÓN AO BALONMÁN CO CLUB BALONMÁN XALLAS

Esta semana o Clube Balonmán Xallas comezou a poñer en práctica cos nenos e nenas do Barrié unhas sesións de iniciación ao balonmán. A finalidade desta proposta é dar a coñecer os fundamentos báiscos deste deporte de equipo para que o alumnado valore participar na Escola Municipal de Balonmán Xallas.
A continuación algunhas imaxes da sesión realizada cos alumnos e alumnas de 6º A.







miércoles, 25 de septiembre de 2019

COMEZAMOS CA BATERÍA DE PROBAS DAFIS

Este curso e igual que os anteriores participamos no proxecto DAFIS. Datos sobre a Avaliación da Actividade Física saudable.
Comezamos xa a pasar a batería de probas ao alumnado de 6º curso, ademais comezamos tamén a realizar as medidas antropométricas con todo o alumnado do centro.


EXHIBICIÓN DE JUDO NO BARRIÉ


 hoxe monitorse do Clube Judo Bergantiños fixeron unha exhibición no tempo de recreo para que os nenos e nenas coñeceran un pouco máis este deporte, elixido pola UNESCO como o mellor deporte educativo.
O mesmo clube oferta clases extraescolares de Judo para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
A continuación varias instantáneas da actividade:










viernes, 26 de abril de 2019

OBRADOIRO DE BIODANZA

Onte tivo lugar no ximnasio do noso centro educativo o obradoiro de BIODANZA para pais, nais e familiares do alumnado. O obradoiro foi impartido pola mestra Mª Carmen Lodeiro Gesto e acadou moita aceptación polas persoas participantes. Esta actividade está encadrada dentro das actividades do PDC enfocadas para a participación das familias dos alumnos e alumnas, e en colaboración co proxecto de reciclaxe que se está a desenvolver no noso colexio.
A continuación algunhas imaxes da actividade:






miércoles, 24 de abril de 2019

O BARRIÉ XA É UN ESPAZO CARDIOPROTEXIDO

Despois de que 8 mestres/as realizaran o curso de Primeiros Auxilios e DESA na xornada de onte, hoxe xa temos instalado o Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) na entrada ao noso centro. O desfibrilador adquiriuse grazas ao proxecto "SALVAVIDAS", mediante o cal o alumnado vendeu "PULSEIRAS SALVAVIDAS" para poder adquirir o desfibrilador e a pertinente formación.
Esta formación compleméntase coa do curso pasado dentro do proxecto da Consellería de Educación e do 061 "RCP na Escola" na que foron formados o alumnado, profesorado e traballadores/as do centro. A actividade está dentro do noso PROXECTO DE CENTRO!!!




miércoles, 10 de abril de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DE DIVERTIPATIO

Hoxe visitaron o noso centro educativo o CPI da Picota (Mazaricos) para observar e vivenciar unha xornada habitual de DIVERTIPATIO. Os nenos e nenas de Santa Comba e os da Picota realizaron diferentes actividades saudables: xogar con patinetes, zancos, carrilanas, dardos, fútbol, colchonetas, dardos, rá, etc.
Para finalizar todos e todas degustaron unha merenda saudable de froitas (plátano e amorodo) e realizaron unha actividade de degustación de bebidas de sabores, coa finalidade de que cada neno ou nena adivinara o sabor da súa bebida.
Foi unha xornada de convivencia diferente e moi divertida. A continuación algunhas imaxes da actividade:





lunes, 1 de abril de 2019

NOVA SAÍDA SAUDABLE DO ALUMNADO DE 6º

O alumnado de sexto curso, acompañado do seu profesorado realizaron unha ruta pola zona momumental de Santiago de Compostela coñecendo aspectos da historia da cidade e realizando actividade física. Pasámolo xenial!


OBRADOIRO DE IOGA NA ESCOLA

O alumnado de 4º e 5º está desenvovendo un obradoiro de iniciación ao Ioga. Segundo a RAG é unha técnica de reflexión e exercicio físico procedente da India que ten como finalidade chegar a un perfecto dominio do espírito e do corpo e a unha fusión co Espírito Supremo.



martes, 22 de enero de 2019

Comeza DIVERTIPATIO

Despois de realizar no mes de novembro a votación democrática para a elección do cambio de actividades no patio e saír como máis votada a opción de DIVERTIPATIO, comezamos coas actividades de recreos activos e saudábeis.
A continuación algunhas imaxes dos primeiros días de DIVERTIPATIO: