viernes, 26 de abril de 2019

OBRADOIRO DE BIODANZA

Onte tivo lugar no ximnasio do noso centro educativo o obradoiro de BIODANZA para pais, nais e familiares do alumnado. O obradoiro foi impartido pola mestra Mª Carmen Lodeiro Gesto e acadou moita aceptación polas persoas participantes. Esta actividade está encadrada dentro das actividades do PDC enfocadas para a participación das familias dos alumnos e alumnas, e en colaboración co proxecto de reciclaxe que se está a desenvolver no noso colexio.
A continuación algunhas imaxes da actividade:






miércoles, 24 de abril de 2019

O BARRIÉ XA É UN ESPAZO CARDIOPROTEXIDO

Despois de que 8 mestres/as realizaran o curso de Primeiros Auxilios e DESA na xornada de onte, hoxe xa temos instalado o Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) na entrada ao noso centro. O desfibrilador adquiriuse grazas ao proxecto "SALVAVIDAS", mediante o cal o alumnado vendeu "PULSEIRAS SALVAVIDAS" para poder adquirir o desfibrilador e a pertinente formación.
Esta formación compleméntase coa do curso pasado dentro do proxecto da Consellería de Educación e do 061 "RCP na Escola" na que foron formados o alumnado, profesorado e traballadores/as do centro. A actividade está dentro do noso PROXECTO DE CENTRO!!!




miércoles, 10 de abril de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DE DIVERTIPATIO

Hoxe visitaron o noso centro educativo o CPI da Picota (Mazaricos) para observar e vivenciar unha xornada habitual de DIVERTIPATIO. Os nenos e nenas de Santa Comba e os da Picota realizaron diferentes actividades saudables: xogar con patinetes, zancos, carrilanas, dardos, fútbol, colchonetas, dardos, rá, etc.
Para finalizar todos e todas degustaron unha merenda saudable de froitas (plátano e amorodo) e realizaron unha actividade de degustación de bebidas de sabores, coa finalidade de que cada neno ou nena adivinara o sabor da súa bebida.
Foi unha xornada de convivencia diferente e moi divertida. A continuación algunhas imaxes da actividade:





lunes, 1 de abril de 2019

NOVA SAÍDA SAUDABLE DO ALUMNADO DE 6º

O alumnado de sexto curso, acompañado do seu profesorado realizaron unha ruta pola zona momumental de Santiago de Compostela coñecendo aspectos da historia da cidade e realizando actividade física. Pasámolo xenial!


OBRADOIRO DE IOGA NA ESCOLA

O alumnado de 4º e 5º está desenvovendo un obradoiro de iniciación ao Ioga. Segundo a RAG é unha técnica de reflexión e exercicio físico procedente da India que ten como finalidade chegar a un perfecto dominio do espírito e do corpo e a unha fusión co Espírito Supremo.