jueves, 9 de abril de 2020

#EuSonAtletaContraOVirus




Como sabedes estamos pasando por uns días complicados nas nosas vidas e comosabedes non se nos permite saír das nosas casas, a cousa é tan importante QUE NON PODEMOS NIN IR AO COLE! Algo que estou seguro que despois deste tempo na casa xa botamos en falta.

Seguramente moitos dos vosos profesores e profesoras xa vos mandaron tarefas para facer na casa de matemáticas, lingua, inglés, relixión, etc… Pero… que pasa con educación física?

Écerto que non podemos saír ao patio, coller a bicicleta, non podemos ir a actividades deportivas, nin volver ás clases de baile ou ao adestramento de balonmán como facíamos antes pero podemos facer moitas máis cousas divertidas das que credes.

#EuQuedoNaCasa

Non vos preocupedes porque moi pronto volveremos á nosa vida de antes e poderemos volver gozar co deporte e exercicio físico como antes faciamos cos demais nenos e nenas.

Dende o CEIP BARRIÉ DE LA MAZA de Santa Comba e incluído no Proxecto Deportivo de Centro, propoñémosvos a todos os nenos e nenas do Barrié, ou de calquera outro colexio, un reto de 10 días, ao que chamaremos: 

#EuSonAtletaContraOVirus

En que consiste? Como podo participar? Que premios hai? Cando empezamos? Preme na seguinte ligazón:


 

miércoles, 1 de abril de 2020

DOAZÓN A ASANOG

Nestes días de confinamento unha boa nova sempre alegra a xornada. Acabamos de facer unha transferencia a ASANOG "Asociación de Axuda a Nenos e Nenas Oncolóxicos de Galicia" por un importe de 3412,52€.
ASANOG 
Esta cantidade é referente ao total das doazóns recaudadas na carreira saudable "NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL” organizada polo noso centro.

Debido a que estes días teñen máis dificultades. Cando todo se normalice visitarán o noso centro para dar unha charla informativa e coñecer o noso centro".

TODO VAI SAÍR BEN

jueves, 5 de marzo de 2020

Mes do ioga no Barrié

Ao longo do mes de marzo o alumando do noso centro participará dun achegamento á calma e a quietude da man de Ana Prema, Pedagoga e Educadora Social cunha ampla formación en ioga, consciencia corporal, quietude e traballos grupais.
Esta actividade, que se encadra dentro do PDC do noso centro, ten entre outros os seguintes obxectivos:
  • Contactar coa capacidade de atención e concentración.
  • Tomar consciencia do propio corpo.
  • Desenvolver a socialización, crear sentimento de pertenza grupal e afianzar as alianzas de amizade entre as persoas participantes.
  • Aprender a canalizar as emocións e a xestionalas.
Galería de imaxes na seguinte ligazón:


viernes, 14 de febrero de 2020

CARREIRA SOLIDARIA “NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL”

Hoxe tivo lugar a carreira solidaria para recadar fondos para ASANOG "Asociación de axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia". Por un circuito circular de 500 metros foron correndo os nenos e nenas en quendas. Por cada volta percorrida cada neno ou nena ten distintos patrocinadores que se comprometen a doar unha cantidade de cartos (máximo 0,50 euros) por volta percorrida.
Pola tarde foi a quenda na que participaron persoas adultas: mestres, mestras, pais, nais e persoal do centro.
Ademais, tamén participamos na dinámica #PaintGold que ten como finalidade visibilizar a loita contra o cancro infantil, polo que cada alumno ou alumna pintou na súa cara dúas liñas de cor dourada.
A vindeira semana faremos o reconto de todo o recadado e organizaremos un acto de entrega de toda a recadación á dirección de ASANOG.
Pasámolo xenial, facendo exercicio e traballando por unha boa causa. DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL!!!!
#PaintGold #DeámoslleAVoltaAoCancroInfantil #ASANOG





martes, 4 de febrero de 2020

Comeza DIVERTIPATIO

A pasada semana comezamos coa actividade de patios saudables "DIVERTIPATIO". A continuación algunha imaxes dos primeiros días de DIVERTIPATIO: