Remata o curso e con el o noso "Proxecto Deportivo de Centro" (2013/2014). Un curso académico cargado de "Saídas Saudábeis", "obradoiros gastronómicos", "charlas sobre alimentación e saúde", "Divertipatio", "exposicións de libros e filmes sobre deporte", "coreografías", "deporte escolar", "decálogos do bo deportista e de alimentación saudábel", etc.
Noraboa a todos os mestres/as participantes no proxecto, esperamos que ademáis dos nenos e nenas, todos e todas os que colaboramos nas actividades gozáramos e aprendéromos moito delas.
Unha aperta e felices vacacións!!!!
" O mellor medio para facer bos aos nenos e nenas é facelos felices"
(Óscar Wilde)
0 comentarios:
Publicar un comentario