jueves, 18 de diciembre de 2014

LIPDUB DE NADAL

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do Ceip Barrié de la Maza en colaboración co Proxecto Deportivo de Centro realizamos o pasado martes a gravación final do lipdub para poder facer o visionado do mesmo mañá no festival de Nadal.
Despois de varios días ensaiando tanto coreografías coma vestiario o vindeiro venres poderemos ver o resultado final.
Esta actividade está incluída no PDC e relacionada directamente coa danza, expresión corporal e as tecnoloxías da información e comunicación.
Unha vez que se realice a "proxección-estrea" no centro este venres, colgaremos o videotanto neste blogue coma na páxina web do colexio para que todos e todas poidan obsrvar o traballo realizado. Esperamos que vos guste!!!!


0 comentarios:

Publicar un comentario