viernes, 24 de abril de 2015

PRIMEIRA SAÍDA SAUDÁBEL DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil desprazáronse ata a cidade da Coruña acompañados dos seus mestres e mestras para ver unha epresentación infantil no "Palacio de la Ópera". Aproveitaron esta viaxe para dar un paseo polo parque e desta forma facer un pouco de exercicio físico.
Pasárono xenial e ao mesmo tempo realizaron unha actividade máis que saudábel!!!


jueves, 16 de abril de 2015

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR

Hoxe xoves 16 de abril, a directora do centro xunto co coordinador do "Proxecto Deportivo de Centro" desprazáronse ata as instalacións de "Acea da Ma" en Culleredo para acompañar a Victor Araúzo no campeonato provincial de orientación escolar.
A proba consiistía nunha carreira a pé na modalidade individual diurna categoría infantil, con visita obrigatoria dos controis na orde indicada.
Foi unha xornada na que aprendemos máis sobre este deporte con miras de poder celebrar o vindeiro curso unha proba destas características no Concello da Santa Comba.







Características da proba

martes, 14 de abril de 2015

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL


Hoxe os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza de Santa Comba celebraron o día da cociña saudábel, actividade incluída dentro do “Proxecto Deportivo de Centro”.

Os nenos e nenas dos diferentes cursos elaboraron receitas saudábeis para posteriormente realizar una degustación das mesmas. As receitas foron elaboradas con ingredientes variados e saudábeis, tentando concienciar ao alumnado de levar una vida activa e una alimentación saudábel escapando das habituais bollerías industriais e bebidas azucaradas. Así pois, elaboraron xelatina de froitas, sándwiches monstrosos, mini-pizzas saudábeis, almorzos saudábeis, pinchos de froitas e macedonia de froitas.
Foi una xornada distinta e divertida onde tanto alumnado como profesorado aprenderon a importancia de levar unha alimentación saudábel e uns hábitos de vida activos.