lunes, 27 de noviembre de 2017

VOTACIÓN PARA DIVERTIPATIO

O pasado venres tivo lugar no noso centro a votación para o cambio de actividades do patio "DIVERTIPATIO".
O alumnado de Educación Primaria participou nun procedemento de votación democrática no que cada alumno ou alumna escolleu libremente se quería participar en DIVERTIPATIO o seguir practicando actividade libre no tempo de recreo.
Este foi o resultado final da votación:


- Número de votos emitidos: 252 votos.
- Número de votos afirmativos: 191 votos.
- Número de votos negativos: 59 votos.
. Número de votos nulos: 2


            Polo tanto como resultado final da votación queda aprobado por unanimidade o CAMBIO DE ACTIVIDADES NO RECREO e a posta en práctica da dinámica “DIVERTIPATIO”.

A continuación poñemos algunhas instantáneas do procedemento:




COMEZAMOS COAS PROBAS FÍSICAS DAFIS

Unha vez que xa chegou ao noso centro o baúl co material para poder realizar a batería de probas da condición física DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable) comezaremos a realizar a valoración co alumnado de 5º e 6º curso, ademais de medir e pesar ao alumnado de Primaria para coñecer o porcentaxe de alumnos e alumnas co problemas de obesidade e sobrepeso.
Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.
Este é cuarto curso consecutivo que o noso colexio participa neste proxecto en colaboración coa Xunta de Galicia.