jueves, 8 de febrero de 2018

CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

Hoxe celebramos a carreira solidaria "Quilómetros de Solidariedade" que fora adiada a semana pasada polo mal tempo.
A carreira consistiu en percorrer o maior número de quilómetros nun periodo determinado de tempo dando voltas a un circuito polo centro escolar de 500 metros.
Cada alumno ou alumna foi patrocinado por algún adulto que se comprometeu a doar unha cantidade determinada de cartos (ata un máximo de 0,50 euros) por quilómetro percorrido. Os cartos recadados serán ingresados integramente na conta de "Save the Children" para colaborar con esta ONG no seu labor solidario.
A carreira realizouse en tres quendas: primeiros e segundos cursos na primeira quenda, despois terceiros e cuartos, e finalmente quintos e sextos.Tamén se animou a participar algún mestre e mestra e persoal de administración e servizos.
Pasámolo xenial ao mesmo tempo que nos concienciamos da importancia de ser solidarios e de realizar exercicio físico para ter boa saúde, obxectivo fundamental do Proxecto Deportivo de Centro.
A actividade, na que colaborou todo o profesorado, foi coordinada polos mestres Isabel Barrientos e César Ramos.






0 comentarios:

Publicar un comentario