Na edición de hoxe de "La Voz de Galicia" sae publicada unha nova relacionada coa carreira "Quilómetros solidarios no Barrié" celebrada no noso colexio o pasado 8 de febreiro:
miércoles, 21 de marzo de 2018
martes, 20 de marzo de 2018
CARREIRA SOLIDARIA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE NO BARRIÉ"
Finalmente a cantidade recadada con esta actividade foi de 1401,68 euros e foi ingresada integramente na conta da ONG "Save the Children" para colaborar co seu labor humanitario.
A continuación ofrecemos un video con imaxes da carreira:
A continuación ofrecemos un video con imaxes da carreira:
lunes, 12 de marzo de 2018
O EQUIPO FEMININO DO CLUBE BALONMÁN XALLAS VISITA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL
O equipo feninino do Clube Balonmán Xallas participou nas charlas "Mulleres xalleiras" dentro do programa de
actividades para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller"do CEIP Barrié de la maza (Santa Comba). As xogadoras charlaron cos mais pequenos e pequenas do Barrié ademais de facer unha pequena demostración de balonmán.
viernes, 9 de marzo de 2018
ROCÍO ALVITE VISITA O NOSO CENTRO
Rocío Alvite, a atleta de Mazaricos, que foi recoñecida como mellor atleta veterana galega do 2017 visitou o noso colexio para participar nas charlas "Mulleres xalleiras" dentro do programa de actividades para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller".
Rocío Alvite, exemplo de esforzo e superación, falou co alumnado de 5º e 6º curso sobre os valores do deporte e sobre a necesidade de seguir traballando na igualdade de oportunidades para ambos sexos no deporte e en todos os ámbitos da vida.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)