Rocío Alvite, a atleta de Mazaricos, que foi recoñecida como mellor atleta veterana galega do 2017 visitou o noso colexio para participar nas charlas "Mulleres xalleiras" dentro do programa de actividades para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller".
Rocío Alvite, exemplo de esforzo e superación, falou co alumnado de 5º e 6º curso sobre os valores do deporte e sobre a necesidade de seguir traballando na igualdade de oportunidades para ambos sexos no deporte e en todos os ámbitos da vida.
viernes, 9 de marzo de 2018
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario