Por noveno curso consecutivo o noso centro educativo continuará participando no PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Agora a denominación do proxecto pasa a chamarse Proxecto de Vida Activa e Saudable pero seguirá tendo como obxectivos a alimentación saudable e a organización de diferentes actividades para fomentar o ocio activo, o exercicio físico e a vida saudable en toda a comunidade educativa.
Aínda que as restricccións debido á situación sanitaria imposibilitan que continúe DIVERTIPATIO, aparcamos esta actividade para continuala nun futuro, e continuamos organizando dinámicas como o concurso DIVERTICÁN, charlas, plataforma DAFIS, obradoiros de alimentación saudable, saídas saudables, etc.
COMEZAMOS!!