sábado, 30 de enero de 2021

CONCURSO DE DEBUXO DIVERICAN "ACTIVIDADE FÍSICA EN TEMPOS DE COVID"

 

Como sabedes “Divertican” é a mascota do noso “Proxecto Deportivo de Centro”. Este can deportista aparece no noso logo, no noso blogue e en toda a documentación relacionada co proxecto.

Os mestres e mestras participantes no Proxecto Deportivo propoñémosvos  unha tarefa voluntaria na que todos os alumnos e alumnas de educación primaria poidades participar.

Trátase de realizar un debuxo de “Divertican” practicando actividade física de forma segura cun texto de non máis de 5 liñas onde se conte algo relacionado co debuxo: unha poesía, unha historieta de Divertican, a súa historia…

O debuxo deberá ser tamaño folio e pódese colorear ou decorar coa técnica que estimedes oportuno: rotuladores, ceras, pinturas, collage, acuarela…

O mellor traballo será elixido para figurar en toda a documentación do proxecto, será publicado no noso blogue, e o alumno ou alumna gañador recibirá de premio unha camisola co logo do proxecto.

Anímádevos e participar!!



 Traballos gañadores en edicións pasadas

0 comentarios:

Publicar un comentario