Como sabedes
“Divertican” é a mascota do noso “Proxecto Deportivo de Centro”. Este can
deportista aparece no noso logo, no noso blogue e en toda a documentación
relacionada co proxecto.
Os mestres e
mestras participantes no Proxecto Deportivo propoñémosvos unha tarefa voluntaria na que todos os
alumnos e alumnas de educación primaria poidades participar.
Trátase de
realizar un debuxo de “Divertican” practicando actividade física de forma segura cun
texto de non máis de 5 liñas onde se
conte algo relacionado co debuxo: unha poesía, unha historieta de Divertican, a
súa historia…
O debuxo deberá
ser tamaño folio e pódese colorear
ou decorar coa técnica que estimedes oportuno: rotuladores, ceras, pinturas, collage,
acuarela…
O mellor
traballo será elixido para figurar en toda a documentación do proxecto, será
publicado no noso blogue, e o alumno ou alumna gañador recibirá de premio unha camisola co logo do proxecto.
Anímádevos e
participar!!
Traballos gañadores en edicións pasadas