viernes, 19 de diciembre de 2014

LIPDUB DE NADAL

Aquí tedes o lipdub realizado polo alumnado e persoal do centro en colaboración co Proxecto Deportivo de Centro.
BO NADAL E FELIZ 2015!!!!


jueves, 18 de diciembre de 2014

LIPDUB DE NADAL

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do Ceip Barrié de la Maza en colaboración co Proxecto Deportivo de Centro realizamos o pasado martes a gravación final do lipdub para poder facer o visionado do mesmo mañá no festival de Nadal.
Despois de varios días ensaiando tanto coreografías coma vestiario o vindeiro venres poderemos ver o resultado final.
Esta actividade está incluída no PDC e relacionada directamente coa danza, expresión corporal e as tecnoloxías da información e comunicación.
Unha vez que se realice a "proxección-estrea" no centro este venres, colgaremos o videotanto neste blogue coma na páxina web do colexio para que todos e todas poidan obsrvar o traballo realizado. Esperamos que vos guste!!!!


viernes, 5 de diciembre de 2014

COMEZAN AS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS DO PROGRAMA XOGADE

O pasado mércores 3 de decembro os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º acompañados dos mestres/as do centro desprazaronse ata o concello de Negreira para participar na proba de campo a  través comarcal dentro do programa XOGADE e en colaboración co noso Proxecto Deportivo de Centro.
Fomos o centro participante con máis corredores/as e pasamos unha xornada divertida ao mesmo tempo que fixemos actividade física.
Aquí temos algunhas das imaxes da proba:










lunes, 24 de noviembre de 2014

COMEZAMOS COA BATERÍA DE PROBAS FÍSICAS AO ALUMNADO!!!

Dende a pasada semana comezamos a pasar ao alumnado de educación primaria a batería de probas físicas para posteriormente subir os datos á plataforma DAFIS.
As probas físicas avaliarán o nivel físico do alumnado en relación á forza de prensión, forza explosiva do membro inferior, velocidade, axilidade, resistencia do tren superior, resistencia cardiorrespiratoria e medidas antropométricas.
Na seguinte ligazón tedes máis información sobre a batería de probas e sobre a plataforma:
https://dafis.xunta.es/gl/



martes, 18 de noviembre de 2014

COMEZA DIVERTIPATIO!!!!

Finalmente o vindeiro mércores 19 de novembro comeza "DIVERTIPATIO 2014/2015" con moitas nividades: xogos novos, aulas novas, moita diversión e actividade física.
 ÍMOLO PASAR XENIAL!!!


miércoles, 12 de noviembre de 2014

HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL

Hoxe realizáronse no noso centro uns obradoiros de alimentación e hábitos de vida saudábeis en colaboración coa Fundación Mapfre, Ciencia divertida e o Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio. Os nenos e nenas de ata 4º curso gozaron coas actividades propostas polos monitores/as da fundación ao mesmo tempo que aprenderon maneiras de levar un estilo de vida máis saudábel.



viernes, 7 de noviembre de 2014

COMEZA DIVERTIPATIO 2014-2015

O vindeiro mércores 12 de novembro comezan as actividades de dinamización dos tempos de recreo "DIVERTIPATIO" con moitas novidades respecto ao pasado curso: novas actividades, diferentes zonas de xogo, novos monitores e monitoras, etc. Que o pasedes moi ben!!!!


miércoles, 29 de octubre de 2014

COMEZAN AS XORNADAS DE INICIACIÓN AO BALONCESTO!!!

Esta semana nas clases de educación física e psicomotricidade do centro membros da escola municipal de baloncesto levarán a cabo unhas sesións de iniciación ao baloncesto para que o alumnado coñeza este deporte e se anime a participar na escola municipal. Seguro que o pasamos xenial!!!



lunes, 13 de octubre de 2014

COMEZAN AS CLASES DA ESCOLA MUNICIPAL DE BALONCESTO

O vindeiro xoves 16 de outubro no pavillón do colexio comenzarán as clases de baloncesto. Aquí podedes consultar o cartel das mesmas:

lunes, 22 de septiembre de 2014

Iniciación ao balonmán

Esta semana o "Clube Balonmán Xallas" impartirá diferentes sesións de iniciación ao balonmán nos distintos grupos do noso colexio. Esperamos que coñezades un pouco máis este deporte e gocedes practicándoo!!!

viernes, 19 de septiembre de 2014

POR UN DERBI SEN VIOLENCIA!!

Como sabedes o vindeiro martes xogarase o clásico derbi galego de fútbol entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, como sabedes moitas veces ese tipo de encontros transmite unha serie de valores que nada teñen que ver cos valores que transmite o deporte: violencia, insultos, agresións, etc.
Os nenos e nenas de Ceip Barrié de la Maza queremos gozar co deporte, a amizade, o compañerismo rexeitando caquera tipo de violencia.
Por iso queremos que o noso derbi sexa un espectáculo deportivo e a festa do fútbol galego.
A continuación podemos ver un traballo realizado por alumnos e alumnas do Ceip Lamas de Abade no que reivindican un deporte sen violencia:


COMEZA UN NOVO CURSO!!!

Comeza un novo curso e con el continuamos co noso Proxecto Deportivo de Centro. Este ano continuaremos realizando diferentes actividades para promocionar o exercicio físico e un estilo de vida saudábel, continuaremos con divertipatio, saídas saudábeis, obradoiros, deporte escolar, charlas... e moitas outras actividades novas. COMEZAMOS!!!!!

martes, 24 de junio de 2014

IMAXES DAS ACTIVIDADES DO PDC

                                             VOTACIÓN PARA DIVERTIPATIO

                                                  DEPORTE ESCOLAR


                                               SAÍDA SAUDÁBEL TERCEIRO CICLO


                                              CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL


                                             LIGA DE COLES (CPI DE ZAS)


                                       OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL
                                         

                                                 DEPORTE ESCOLAR


                                                    SAÍDA SAUDÁBEL TERCEIRO CICLO


                                              SAÍDA SAUDÁBEL TERCEIRO CICLO


                                                   CHARLA SOBRE DEPORTE


                                                SAÍDA SAUDÁBEL TERCEIRO CICLO


                                             SAÍDA SAUDÁBEL PRIMEIRO CICLO


                                             VISITA Á ILLA DE ONS


                                                  SAÍDA SAUDÁBEL SEGUNDO CICLO


                                   OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL


                                            OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL


                                       OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL


                                   OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL

                                                 IOGA NA AULA "DIVERTIPATIO"

jueves, 19 de junio de 2014

Felices vacacións!!!

Remata o curso e con el o noso "Proxecto Deportivo de Centro" (2013/2014). Un curso académico cargado de  "Saídas Saudábeis", "obradoiros gastronómicos", "charlas sobre alimentación e saúde", "Divertipatio", "exposicións de libros e filmes sobre deporte", "coreografías", "deporte escolar", "decálogos do bo deportista e de alimentación saudábel", etc.
Noraboa a todos os mestres/as participantes no proxecto, esperamos que ademáis dos nenos e nenas, todos e todas os que colaboramos nas actividades gozáramos e aprendéromos moito delas.
Unha aperta e felices vacacións!!!!

" O mellor medio para facer bos aos nenos e nenas é facelos felices"
(Óscar Wilde)

Saída saudábel de segundo ciclo!!!

Desta vez foron os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de primaria que fixeron unha saída pola comarca de Bergantiños, onde fixeron uha ruta de sendeirismo e visistaron numerosos monumentos prehistóricos, entre eles o "Dolmen de Dombate".




domingo, 15 de junio de 2014

NOVA SAÍDA SAUDÁBEL!!!

O alumnado de quinto de educación primaria desta vez realizou unha viaxe en barco dende "A Póboa" ata a "Illa e Ons", para realizar despois unha andaina pola illa e bañarse na praia de "Canexol" e desta forma pasar un rato agradábel cos compañeiros e compañeiras ao mesmo tempo que facer exercicio físico.




viernes, 6 de junio de 2014

IMAXES DA CHARLA DIDÁCTICA "DEPORTE CONTRA AS DROGAS"

Aquí tedes algunhas imaxes da charla celebrada onte no ximnasio do centro: